Rexións político-administrativas de Venezuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rexións administrativas de Venezuela.
Non se inclúe o Territorio do Esequibo, en reclamación.

Os primeiros pasos para a creación de Rexións político-administrativas no que hoxe é Venezuela déronse xa durante a época colonial, cando se crearon grandes entidades político-administrativas en razón das estratexias militares.

Despois da independencia, o presidente Antonio Guzmán Blanco creou 8 grandes estados (logo ampliados a 9) en busca de rexionalizar a división de Venezuela.

Finalmente, en 1999, despois da aprobación da Constutuición da República Boliviarana de Venezuela, e a instancias do Ministerio do Poder Popular para a Planificación, creáronse as rexións político-administrativas que se coñececen na actualidade.

Estas rexións administrativas agrupan estados, Distrito Capital e dependencias federais de Venezuela. A rexionalización institucionalizou un proceso de desenvolvemento rexional.

Rexións político-administrativas[editar | editar a fonte]

Mapa Rexión Poboación Superficie
(km²)
Territorios
(Estados e Dependencias)
     Os Andes 5.831.229 56,700 Mérida, Trujillo, Táchira, Barinas e Municipio Páez.
     Capital 4.943.431 9.446 Miranda, Vargas e Distrito Capital.
     Central 4.192.517 26.464 Aragua, Carabobo e Cojedes.
     Güiana 1.829.724 458.344 Bolívar, Amazonas e Delta Amacuro. A esta rexión correspondería tamén a Zona en Reclamación.
     Insular 438.709 28.930 Nueva Esparta e Dependencias Federais.
     Los Llanos 5.808.156 264.886 Guárico e Apure, con excepción do Municipio Páez.
     Nororiental 3.249.894 84.030 Anzoátegui, Monagas e Sucre.
     Centro Occidental 4.771.577 66.900 Falcón, Lara, Portuguesa e Yaracuy.
     Zuliana 3.889.404 63.100 Zulia.

Nota: Recentemente[cando?] formouse unha nova rexión, a Suroeste, que comprende o Táchira e o Municipio Páez, que anteriormente estaban na Rexión dos Andes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]