Saltar ao contido

Antônio Houaiss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntônio Houaiss

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1915 Editar o valor en Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1999 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlexicógrafo, crítico literario, romanista, xornalista, lingüista, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Brasileiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata
Edición do Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa pola Academia Brasileira de Letras, que foi organizada por Houaiss.

Antônio Houaiss, nado no Río de Xaneiro no 15 de outubro de 1915 e finado ibídem no 7 de marzo de 1999, foi un destacado intelectual brasileiro - filólogo, crítico literario, tradutor, diplomático, enciclopedista e ministro de Cultura do Brasil no goberno de Itamar Franco.[1]

Houaiss era o quinto de sete fillos dunha parella de inmigrantes libaneses, Habib Assad Houaiss e Malvina Farjalla, radicados no Río de Xaneiro. Aos dezaseis anos comezou a ensinar portugués, actividade que desenvolveu ao longo da súa vida.

Autor de dezanove libros, Houaiss organizou e elaborou dúas das enciclopedias máis importantes xamais feitas no Brasil, a Delta-Larousse e a Mirador Internacional. Publicou dous dicionarios bilingües inglés-portugués, organizou a primeira edición do Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa (VOLP), pola Academia Brasileira de Letras. Entre os seus traballos de tradución destaca a novela Ulises, de James Joyce . Ocupou varios cargos importantes como presidente da Academia Brasileira das Letras, ministro de Cultura no goberno do presidente Itamar Franco e membro da Academia das Ciencias de Lisboa. A revista Veja mesmo o definiu como o "maior estudoso das palabras en lingua portuguesa dos tempos modernos".

En febreiro de 1986 iniciou o proxecto do Gran Dicionário Houaiss da lingua portuguesa, a súa obra mestra. Houbo unha interrupción de cinco anos, por falta de recursos económicos, desde 1992 até marzo de 1997, cando fundou o Instituto Antônio Houaiss de Lexicografía e Banco de Datos da Lingua Portuguesa S/C Ltda, con Francisco Manoel de Mello Franco e Mauro de Salles Villar. Antônio Houaiss morreu o 7 de marzo de 1999 e o traballo lexicográfico foi rematado polo Instituto en decembro de 2000. O Gran Dicionario Houaiss da lingua portuguesa saíu á luz en 2001.[2]

Pronunciación do nome Houaiss

[editar | editar a fonte]

Segundo fontes brasileiras [3] e portuguesas, [4] o apelido Houaiss pronúnciase, en portugués, "uáiss " - ou, en representación técnica, [/ 'wajs /] ou [/ u'ajs /], no Internacional Alfabeto Fonético. O apelido, de orixe libanesa, escríbese no Brasil de diferentes xeitos, dende as formas portuguesas Uais ou Huais, até a forma francesa Houaiss. O seu segundo apelido, Assad, está relacionado coa familia Assad de Siria, como Bashar al-Assad, e pronunciase igual.

Academia Brasileira de Letras

[editar | editar a fonte]

Houaiss foi o quinto ocupante do asento número 17 da Academia Brasileira das Letras, elixido o 1 de abril de 1971, sucedendo a Álvaro Lins. Recibiuna o académico Afonso Arinos de Melo Franco o 27 de agosto de 1971, e recibiu aos académicos Antonio Callado e Sérgio Paulo Rouanet.

Acordo ortográfico de 1990

[editar | editar a fonte]

O maior logro acadado por Houaiss foi o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa de 1990,[5] no que combinou as súas dúas carreiras —a de diplomático, membro do servizo exterior brasileiro e a de lingüista —, e que se dirixiu ao seu punto de vista internacional-esquerdista, criticado entre outros por Paulo Francis, un dos ideólogos da dereita brasileira.

Traducións

[editar | editar a fonte]

Traballos orixinais, organizados e colaborativos

[editar | editar a fonte]
  • Tentativa de descrição do sistema vocálico do português culto na área carioca: dialectologia e ortofonia (1959).
  • Crítica avulsa (1960).
  • Seis poetas e um problema (1960).
  • Sugestões para uma política da língua (1960).
  • Introdução filológica às Memórias póstumas de Brás Cubas (1961).
  • Novo dicionário Barsa das línguas inglesa e portuguesa (1964).
  • Elementos de bibliologia (1967).
  • Grande enciclopédia Delta Larousse (1970).
  • Editoração hoje (1975).
  • Enciclopédia Mirador Internacional (1976).
  • Drummond mais seis poetas e um problema (1976).
  • A defesa (1979).
  • Estudos vários sobre palavras, livros e autores (1979).
  • Pequeno dicionário enciclopédico Koogan Larousse (1979).
  • The Exitus dictionary of the English and Portuguese languages (1979).
  • Vocabulário ortográfico da língua portuguesa – VOLP (1981).
  • Webster’s dicionário inglês-português (1982).
  • A crise de nossa língua de cultura (1983).
  • Brasil–URSS: 40 anos do estabelecimento de relações diplomáticas (1985).
  • O português no Brasil – pequena enciclopédia da cultura brasileira (1985).
  • Receitas rápidas (1985).
  • A cerveja e seus mistérios (1986).
  • Perfil do pensamento brasileiro (1988).
  • Brasil: o fracasso do conservadorismo (1989).
  • O que é língua? (1990).
  • A nova ortografia da língua portuguesa (1991).
  • Socialismo: vida, morte e ressurreição (1993).
  • A modernidade do Brasil: conciliação ou ruptura? (1995).
  • Grande dicionário Houaiss da língua portuguesa (póstumo, 2001).
  1. Cultural, Instituto Itaú. "Antônio Houaiss". Enciclopédia Itaú Cultural. Consultado o 2023-01-13. 
  2. HOUAISS, Antônio (2009). Dicionário Houaiss da língua portuguesa. Rio de Janeiro. p. V. 
  3. "Observatorio da Imprensa - Materias - 29/08/2001". Consultado o 2016-04-17. 
  4. "FLiP - Dúvida Linguística". Consultado o 2016-04-17. 
  5. "Educação". www1.folha.uol.com.br. Consultado o 2023-01-13. 
  6. VELOSO, Verônica. Antônio Houaiss. En: DE ABREU, Alzira Alves et al (coords.). Dicionário Histórico-Biográfico Brasileiro – Pós-1930. Río de Xaneiro: CPDOC, 2010. Dispoñíbel en: <http://www.fgv.br/cpdoc/acervo/dicionarios/verbete-biografico/houaiss-antonio>. Consultado en agosto de 2020. ANTONIO Houaiss. En: DICIONÁRIO de tradutores literários no Brasil - DITRA. Universidade Federal de Santa Catarina. Dispoñíbel en: Consultado en agosto de 2020.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]