Antonio Pérez Gómez
Antonio Pérez Gómez | |
---|---|
Nacemento | 1893 |
A Pobra do Caramiñal | |
México | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Pérez Gómez, nado na Pobra do Caramiñal en 1893 e finado en México, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Santiago Pérez e irmán de José Juan Pérez Gómez. Mecánico. Militante do PSOE. Co triunfo na Fronte Popular foi nomeado alcalde da Pobra do Caramiñal. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu na motora San José nº 2 xunto con outros 18 republicanos da ría de Arousa, o 27 de xullo cara a Matosinhos. De alí foron levados ao forte de Cascais en Caxía, onde os tiveron nunha especie de campo de concentración, ao lado do monte. De alí marchou cara Bordeos nun transatlántico francés que viña de América e facía escala en Lisboa, xunto con Porteiro, pasando logo a Madrid vía Cataluña. Formou parte do Batallón de Milicias Populares Gallegas. Foi procesado na causa xudicial 1255/1937 aberta en Compostela por rebelión pola requisa nas minas de "Estañifera de Arosa". Tamén procesado e declarado en rebeldía na causa 4267/1938 aberta en Ferrol e declarado fuxido e en rebeldía. Despois da guerra pasou a Francia, onde estivo no campo de refuxio de Barcarès. Despois consegue saír para México e ao pouco tempo conseguiu levar a este país á súa muller e aos seus fillos.
Predecesor: ? |
![]() Alcalde da Pobra do Caramiñal 1936 |
Sucesor: José Barrera López |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Villaverde García, Elixio (1996). Autor-editor, ed. Heroes e Mártires. A IIª República e a Guerra Civil no Barbanza. ISBN 84-88967-61-6.