Manuel Porteiro Viña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Porteiro Viña
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1974 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Venerando Porteiro Viña, nado en Carballo o 14 de novembro de 1901 e finado en México en 1974, foi un xornalista, sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Perito mercantil. Foi secretario xudicial e xuíz municipal de Porto do Son e A Pobra do Caramiñal. Membro da UGT, ingresou na Agrupación Socialista da Pobra do Caramiñal en 1930, da que foi o seu presidente. Dirixiu o seu órgano La Lucha. Foi concelleiro do Concello da Pobra do Caramiñal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou evadirse de Galicia na lancha San José nº 2 e incorporarse ao Exército Republicano en abril de 1937. Pertenceu á 125 Brigada da 25 División e posteriormente foi funcionario do SIM, Xefe de Contabilidade de Delegacións Exteriores en Campsa Gentibus e Xefe do Rexistro Xeral de Orde Público e funcionario do Ministerio de Defensa Nacional en Barcelona. En 1936 foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía. Exiliouse en México, chegou a Veracruz a bordo do buque Ipanema en xuño de 1939. Foi administrador da fábrica de vidro Crisol. Pertenceu á Agrupación Socialista Española, presidiu o Padroado da Cultura Galega en México e colaborou en Saudade e Vieiros.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Lucía Lizuain Osés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]