José Juan Pérez Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1891 A Pobra do Caramiñal, España |
Morte | 1947 (55/56 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Familia | |
Irmáns | Antonio Pérez Gómez |
José Juan Pérez Gómez, coñecido como Caramiñas, nado na Pobra do Caramiñal o 13 de xaneiro de 1891 e finado en Buenos Aires en 1947, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Santiago Pérez e irmán de Antonio Pérez Gómez. Tiña unha imprenta na rúa Gasset da Pobra do Caramiñal que ardeu en outubro de 1917.[1] Administrador da imprenta dos sucesores de Vicente García Millán, en 1919 publicou o poemario Sonatas.
Emigrou a América e recorreu varios países. Colaborou en La Gaceta de Nova York, da que chegou a ser director en 1921. De regreso a España, colaborou en Galicia. Diario de Vigo, Vida Gallega, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, El Progreso, El Imparcial e El Sol. En 1925 era propietario da empresa de ómnibus Castelo, que comunicaba a Pobra e Noia, mais foi suprimida en xuño dese ano.[2]. Entre 1935 e 1936 administrou a liña de transporte entre a Pobra e Noia. Ao rematar a Guerra Civil exiliouse na Arxentina, onde sobreviviu con moitas dificultades económicas. En Buenos Aires publicou libros divulgativos baixo o pseudónimo José Barbanza na editorial Atlántica, que dirixía Rafael Dieste. Tamén publicou a novela Margarita de Asís.
Obras
[editar | editar a fonte]- Sonata (versos). Poesías recuperadas. Artigos, Concello da Pobra (2006).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía no Dicionario de escritores do Barbanza
- M. X. Blanco (25/4/2008). "A obra de Caramiñas ve a luz" La Voz de Galicia.