Antonio Emery Arocena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Emery
Información persoal
Nome Antonio Emery Arocena
Nacido 26 de xullo de 1905
Lugar Irún
Falecido 29 de marzo de 1982
Altura 1,72 m
Posición Gardameta
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1928-1932 Real Unión Club 66
Partidos e goles só en liga doméstica.

Antonio Emery Arocena, coñecido polo alcume de Pajarito, nado en Irún (Guipúscoa) o 26 de xullo de 1905 e finado o 29 de marzo de 1982, foi un futbolista que xogaba na demarcación de gardameta. Pai do ex-futbolista Juan Emery e avó do actual adestrador de fútbol Unai Emery.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Luis Emery Boulanger e de María Josefa Arocena Basterrica, que casaran en 1897 en Hondarribia[1]. Toda a súa traxectoria futbolística transcorreu no Real Unión de Irún, onde militou 12 tempadas. Comezou xogando como extremo pero ante a lesión do porteiro titular, Muguruza, ocupou o seu posto con moi bo resultado, sendo o gardameta nas catro tempadas que o equipo militou na Primeira División. Porén, Emery é lembrado por ser o primeiro gardameta de La Liga en encaixar un gol, feito producido o 10 de febreiro de 1929 no vello estadio de Sarrià, sendo o dianteiro do Español Pitus Prat quen o marcou no minuto 5[2]. Disputou 66 partidos na Primeira División española nas catro primeiras tempadas desta competición (de 1928 a 1932).

Na tempada 1928-1929 disputou 18 encontros, todos como titular, recibindo 42 goles.

Co equipo de Irún gañou dúas Copas de España unha en 1924 ante o Real Madrid e en 1927 ante o Arenas de Getxo.

Dous dos seus fillos foron futbolistas: Juan María (nado en Irún o 18 de febreiro de 1933), que foi gardameta en numerosos clubs, e Román Emery Alza (nado na mesma localidade o 5 de xaneiro de 1931), que foi centrocampista no Logroñés e no CD Málaga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arquivo da parroquia de Nuestra Señora de la Asunción y del Manzano, de Hondarribia, diocese de Vitoria. Matrimonios, 1873-1899, libro 6º, folio 145r, nº1/M, do 11-1-1897 (sinatura 2378/001-01).
  2. Vidal Viñarás de Blas (1-5-2015). Cuadernos de Fútbol, ed. "Los Guiness de la historia de la Liga" (en castelán). Consultado o 23-4-2017.