Antonio Dorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Dorado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoxullo de 1929 Editar o valor em Wikidata
Outeiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xaneiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Verea
1979 – 1987 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre , comerciante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Dorado Fidalgo, nado en Outeiro (Sanguñedo, Verea) en 1929 e finado en Ourense o 22 de xaneiro de 2021, foi un mestre, comerciante e político galego independente, alcalde de Verea dende 1979 ata 1987. Foi o primeiro alcalde do período democrático tras a transición democrática.

Traxectoria vital[editar | editar a fonte]

Residiu a meirande parte da súa vida no lugar de Sanguñedo da parroquia homónima. Estudou o bacharelato en Celanova e aprobou o exame en Ourense. Despois dos seus estudos, fixo o servizo militar na Coruña, como sarxento no Exército de Terra de España. Ao rematar o servizo volveu a súa aldea natal onde exerceu de mestre por setecentas pesetas ao mes. Casou con vinte e seis anos na parroquia de Rairiz de Veiga. Posteriormente emigrou só a Venezuela para exercer de mestre nos Salesianos durante tres anos, grazas a isto comezou a enviar diñeiro a Galicia para a súa muller e máis a súa nai. Co aforrado durante este período alugou un posto no mercado de Valencia, reconverténdose en comerciante, actividade a que se dedicou durante catro anos. Volveu a Galicia tras sete anos na emigración, fíxoo polo porto de Vigo onde o esperaba a súa muller Mercedes e o seu fillo máis vello Jose Antonio. Cando chegou á súa terra investiu o gañado en abrir un ultramarinos e máis un bar[1] coa súa muller en Sanguñedo, negocio que foi rexentado por ambos ata a súa xubilación.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Concelleiro en Verea, en 1979 encabezou a lista independente nas primeiras eleccións democráticas e foi elixido alcalde con maioría de sete concelleiros.[2] En canto colleu o bastón de mando a súa primeira medida foi a loita contra a pobreza no Concello. Empregaba diñeiro do concello para axudar aos máis necesitados e que puideran arranxar os papeis das axudas de beneficencia. A súa obra principal como alcalde foi o asfaltado dos camiños máis transitados, converténdoos en estradas, en tempos en que era a propia veciñanza a que facían o traballo co material facilitado polo Concello. Tamén se abriron moitos camiños de monte. Fomentou a práctica do fútbol, preparando campos nalgunhas aldeas e que, aínda que hoxe caeron no abandono, no pasado eran un lugar de lecer e reunión para a mocidade local.[3] Nas eleccións municipais de 1983 encabezou de novo a candidatura independente e repetiu a alcaldía de Verea, de novo con sete concelleiros.[4]

Foi sucedido en 1987 por Manuel Nieto Rivero do PSdeG-PSOE tras non ser capaz de acadar a maioría absoluta por un concelleiro ao presentarse pola lista da CPG. Os pactos entre as restantes forzas políticas nomearon o seu sucesor, a pesar de que obtivera soamente dous concelleiros.[5] A comezos de 1990 uniuse a Centristas de Galicia de Vitorino Núñez. En 1991 encabezou a coalición desta formación con Coalición Galega e CDS, Converxencia Centrista, sen recuperala alcaldía dado que o socialista Nieto Rivero logrou a maioría absoluta. A partir daquí comezaría a súa retirada da política.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Región, La (2021-01-24). "Verea despide a Antonio Dorado, el primer alcalde de la democracia". La Región (en castelán). Consultado o 2021-01-24. 
  2. "Resultados Elecciones Municipales 1979 | datoselecciones.com". www.datoselecciones.com. Consultado o 2021-01-24. 
  3. "Adiós al primer regidor de la democracia en Verea". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-01-24. Consultado o 2021-01-24. 
  4. "Elecciones Municipales 1983 | datoselecciones.com". www.datoselecciones.com. Consultado o 2021-01-24. 
  5. "Resultados Elecciones Municipales 1987 | datoselecciones.com". www.datoselecciones.com. Consultado o 2021-01-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Serafín Pérez Rodríguez
 
Alcalde de Verea
 
1979 - 1987
Sucesor:
Manuel Nieto Rivero