Antonio Castillo Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Castillo Domínguez
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Monesterio, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónveterinario , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Castillo Domínguez, nado en Monesterio (Badaxoz) en 1896 e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un veterinario e político español residente en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse na Escola de Veterinaria de Córdoba en 1916. Foi inspector veterinario municipal de Cedeira ata 1925 que pasou a ocupar a praza de Narón. Colaborou en El Ideal Gallego con artigos que salientan a lenta evolución agropecuaria de Galicia. En 1925 gañou o primeiro premio dun concurso de memorias organizado polo Colexio de Veterinarios da Coruña, cun tema sobre a instauración de basculas nas feiras e nos matadoiros. Foi detido pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934.[1] En agosto de 1935 foi nomeado veterinario municipal de Ferrol.[2] Moi relacionado cos socialistas de Ferrol, foi nomeado presidente da Xunta Reitora do Círculo Socialista do Centro o 12 de xuño de 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto canda outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira. O día 1 de setembro foi posto en liberdade.[4] Xulgado o 4 de decembro en consello de guerra en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado no Castelo de San Felipe o 18 de decembro canda Manuel Fernández Freijeiro, Enrique Alonso Teijeiro, José Cipriano Durán Fraguela, Ginés Fernández Rodríguez, Miguel Fernández Santos, Rufino Redondo Senra, Isaac Forneiro Varandela, Antonio Iglesias Freire, Enrique Martínez Teijeiro, Francisco Rodríguez N., José Lago Beceiro, Adolfo Bouzón Teijeiro e Antonio Ameneiro Brage.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego, 3-11-1934, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 23-8-1935, p. 1.
  3. El Obrero, 20-6-1936, p. 3.
  4. El Correo Gallego, 1-9-1936, p. 3.
  5. El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Antonio Castillo Domínguez. Extraído da Tese de doutoramento de Diego Conde Gómez,Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]