Saltar ao contido

Miguel Fernández Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Fernández Santos
Biografía
Nacementoc. 1905 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
castelo de San Filipe, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntraballador postal Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4506

Miguel Fernández Santos, nado en Madrid e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un funcionario e político español residente en Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Funcionario de Correos. Foi oficial de Correos da Coruña até 1924, cando se trasladou a Tui.[1] Funcionario de Correos en Cedeira, foi detido pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934.[2] Foi presidente do comité local de Cedeira da Volta a España de 1936.[3]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto canda outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira. Xulgado en Ferrol o 4 de decembro en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 18 de decembro canda Manuel Fernández Freijeiro, Enrique Alonso Teijeiro, José Cipriano Durán Fraguela, Ginés Fernández Rodríguez, Antonio Castillo Domínguez, Rufino Redondo Senra, Isaac Forneiro Varandela, Antonio Iglesias Freire, Enrique Martínez Teijeiro, Francisco Rodríguez N., José Lago Beceiro, Adolfo Bouzón Teijeiro e Antonio Ameneiro Brage.[4]

  1. El Diario de Pontevedra, 28-4-1925, p. 3.
  2. El Correo Gallego, 3-11-1934, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 14-7-1936, p. 2.
  4. El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.