Braulio Rodríguez
Braulio Rodríguez Plaza | |
---|---|
Mons. Rodríguez en 2007
|
|
Arcebispo da Igrexa Latina (Igrexa Católica) | |
Biografía | |
Nacemento | 27 de xaneiro de 1944 en Aldea del Fresno, Madrid |
Alma máter | Universidade Pontificia de Comillas |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 3 de abril de 1972, por Vicente Enrique y Tarancón |
Consagración episcopal | 20 de decembro de 1987, por Mario Tagliaferri |
Arcebispo de Toledo Primado de España |
|
2009 - actualidade | |
Cargos anteriores | Bispo de Osma-Soria (1987-1995) Bispo de Salamanca (1995-2002) Arcebispo de Valladolid (2002-2009) |
Outros | |
![]() Escudo de Braulio Rodríguez Plaza |
|
Non erubesco Evangelium |
Braulio Rodríguez Plaza, nado en Aldea del Fresno (Madrid) o 27 de xaneiro de 1944, é un eclesiástico católico español, dende 2009 arcebispo de Toledo e Primado de España.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou humanística, teoloxía e filosofía nos seminarios de Madrid, onde obtivo en 1973 a licenciatura en Teoloxía Bíblica pola Universidade Pontificia Comillas. Tras dous anos de estudo (1979-81) na Escola Bíblica de Xerusalén, diplomouse en Sacra Escritura, e xa en 1990 alcanzou o grao de doutor en Teoloxía Bíblica pola Facultade de Teoloxía do Norte de España, con sede en Burgos, coa tese doutoral El proceso de Jesús ante el Sanedrín y la catequesis cristiana primitiva.
Presbiterado[editar | editar a fonte]
Recibiu a ordenación sacerdotal o 3 de abril de 1972 en Madrid, de mans do cardeal Tarancón,[1] e serviu nesta diocese durante 15 anos, nas parroquias de Cubas de la Sagra, San Miguel en Carabanchel e San Fulgencio. Ademais foi capelán da ermida de San Isidro. Entre 1984 e 1987, foi Formador do Seminario Diocesano de Madrid.
Episcopado[editar | editar a fonte]
O 13 de novembro de 1987 foi nomeado bispo de Osma-Soria[2] polo papa Xoán Paulo II. Recibiu a ordenación episcopal o 20 de decembro do mesmo ano. Posteriormente foi trasladado á diocese de Salamanca o 12 de maio de 1995, onde tomou posesión o 9 de xullo.
O 28 de agosto de 2002 foi nomeado arcebispo de Valladolid, e tomou posesión da sé o 13 de outubro do mesmo ano.
Notas e referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ Arquidiocese de Toledo (ed.). "Biografía de Don Braulio Rodríguez Plaza". Consultado o 18 de xullo de 2013. (en castelán).
- ↑ Episcopologio diocesano, diocese de Osma-Soria, (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Catholic Hierarchy (en inglés).
- Entrevista a Braulio Rodríguez en La Vanguardia, (en castelán).
|