António Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
António Costa
António Costa img 6536.jpg
Nome completo António Luís Santos da Costa
Nacemento 17 de xullo de 1961
  Lisboa
Nacionalidade Portugal
Alma máter Universidade de Lisboa
Ocupación político e avogado
Premios Commander with Star of the Order of Polonia Restituta, Grand Cross of the Order of Infante Dom Henri, Grand Cross of Royal Norwegian Order of Merit, Order of the Cross of Terra Mariana, 3rd Class, Knight Grand Cross of the Order for Merits to Lithuania, Knight Grand Cross of the Order of St. Gregory the Great, Ordem de Rio Branco, Order of the Sacred Treasure, First Class, Order pro merito Melitensi, Grand Cross of the Order of Charles III, Ordem do Mérito do Chile e Grand Cross of the Order of Honour
editar datos en Wikidata ]
António Costa durante o seu mandato como alcalde de Lisboa

António Luís Santos da Costa, coñecido como António Costa, nado en San Sebastião da Pedreira (Lisboa) o 17 de xullo de 1961, é un xurista e político portugués. Foi Alcalde de Lisboa entre 2007 e 2015. É o actual secretario xeral do Partido Socialista, desde novembro de 2014 e o actual Primeiro Ministro do seu país..

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe católica goesa, é fillo do escritor Orlando da Costa. Licenciado en Dereito na Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, e alí foi dirixente da Asociación Académica (1982-1984) e director da Revista da AAFDL (1986-1987). É posgraduado en Estudos Europeos, polo Instituto Europeo da Universidade Católica Portuguesa. Desde 1988 exerceu como avogado en Lisboa, actividade que interrompeu para dedicarse á política.

Foi deputado polo Partido Socialista na asemblea municipal de Lisboa, entre 1982 e 1993. Entre 1991 e 1995 foi tamén deputado na Asemblea da República. En 1993 foi candidato á alcaldía de Loures, resultando elixido concelleiro. Foi membro do Secretariado Nacional do PS entre 1987 e 1990 e volveu de novo ao Secretariado Nacional do PS desde 1994. Integrou o XIII Goberno como secretario de Estado (1995-1997) e ministro (1997-1999) de Asuntos Parlamentarios. Levou a carteira de Xustiza no XIV Goberno (1999-2002). Para alén diso foi tamén o membro do goberno responsable da Expo'98, en 1997/99, presidiu o Grupo Parlamentario do PS, de 2002 a 2004, e foi deputado e vicepresidente do Parlamento Europeo entre 2004 e 2005. Foi ministro de Estado e da Administración Interna (2005-2007) e presidente da Cámara Municipal de Lisboa (2007-2015)

En 2014, logo das eleccións europeas, anunciou que disputaría o liderado do PS a António José Seguro, nas primarias do 28 de setembro logrou a vitoria co 67,88% dos votos contra 31,65% do seu rival converténdose así en candidato do seu partido a primeiro ministro. Seguro dimitiu do cargo de secretario xeral do PS o mesmo día da súa derrota, e nas primarias convocadas para a elección de secretario xeral o 21 e 22 de novembro, Costa presentouse sen oposición, converténdose en secretario xeral da súa formación.[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "António Costa eleito secretário-geral do PS com 96% dos votos". Jornal de Negócios. 23 de novembro de 2014.