Charles Michel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charles Michel
Charles Michel UNDP 2010.jpg
Nacemento21 de decembro de 1975
 Namur
NacionalidadeBélxica
Alma máterUniversidade Libre de Bruxelas, Universidade de Ámsterdam e Free University of Brussels
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiLouis Michel
IrmánsMathieu Michel
PremiosCommander of the Order of Leopold
editar datos en Wikidata ]

Charles Michel, nado en Namur o 21 de decembro de 1975, é un político belga. Dende o ano 2014 é o primeiro ministro de Bélxica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Charles Michel é fillo do ex-ministro belga de Asuntos Exteriores e Comisario Europeo Louis Michel (tamén pertencente ó seu partido, o Movemento Reformador). Estudou Dereito na Universidade Libre de Bruxelas (ULB) e na Universidade de Ámsterdam (UVA).

Membro dende 1991 e despois presidente (1992-1999) da Federación de Mozos Reformadores Liberais de Jodoigne, foi conselleiro provincial do Brabante valón (1995-1999). Exerce como avogado en Bruxelas dende 1998. É deputado federal dende xuño de 1999. Foi Ministro de Asuntos interiores e da Función pública (outubro 2000-xullo 2004) en Valonia. Tamén foi Concelleiro de Empresas públicas e de Urbanismo de Wavre (xullo 2004-novembro 2006) e voceiro do Movemento Reformador (2004-2011).

A nivel local, Charles Michel presentouse ó concello de Wavre no ano 2000. Gañou as eleccións locais en 2006 e converteuse en alcalde desta cidade. Dende 2007, ano no que foi nomeado ministro federal, porén, non exerce este cargo. Despois das eleccións federais de 2007 e da longa crise política, Charles Michel recibiu o cargo de Ministro de Cooperación para o Desenvolvemento co terceiro goberno de Guy Verhofstadt (Open VLD), e mantívoo nos gobernos posteriores Leterme I, Van Rompuy I e Leterme II (decembro 2007-febreiro 2011).

Primeiro ministro[editar | editar a fonte]

Despois das eleccións xerais de 2014, Michel foi nomeado informateur e logo co-formateur para a formación de goberno. Cando o CD&V escolleu a posición de comisario europeo para Marianne Thyssen no canto da posición de primeiro ministro para Kris Peeters, quedou claro que Michel sería o próximo primeiro ministro belga. Cando o 7 de outubro de 2014 se logrou un acordo global entre catro partidos para formar un novo goberno, Michel foi formalmente proposto para dirixilo con Kris Peeters como un dos catro viceprimeiros ministros. Michel é o primeiro ministro belga máis novo dende 1945.

O 18 de decembro de 2018, unha semana despois da ruptura do pacto de goberno cos independentistas flamengos da N-VA provocada pola inminente ratificación por parte de Bélxica do Pacto Mundial sobre Migración no cume da ONU en Marrakech, anunciou a súa dimisión como primeiro ministro, que o rei aceptou días despois, mais encargoulle continuar co goberno en funcións até as próximas eleccións de maio de 2019.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]