Antón Zapata García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antón Zapata García, nado en Laxe o 26 de febreiro de 1886 e finado en Buenos Aires o 20 de xuño de 1953, foi un poeta en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Antonio Zapata García, carabineiro natural de Sarandós, e de María Josefa García Moreira, nada en Camariñas. En Laxe transcorre a súa infancia até que emigra a Buenos Aires en 1903 con tan só 17 anos. As posibles causas da súa marcha son as diferenzas coa súa madrastra -coa que seu pai casara após a morte da nai do poeta, cando este era neno- e o desexo de eludir o servizo militar.

En Arxentina traballou como empregado de comercio e participou de forma activa nas actividades da colectividade galega. Colaborou en distintas revistas como El Eco de Teo, Suevia ou La Voz de Galicia e tivo un papel destacado dentro da Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión, chegando a dirixir a súa publicación, Alborada e na Sociedade Nacionalista Pondal. En maio de 1929 creou con Manuel Oliveira Viqueira e Francisco Regueira a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]