El Eco de Teo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Eco de Teo foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1916 e 1920.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Revista mensual, apareceu o 10 de marzo de 1916 como órgano de prensa do Centro de residentes de Teo en Sud-América co lema "Por Galicia. Por el trabajador de la tierra gallega: Defiende los intereses colectivos del Distrito Municipal de Padrón". A revista foi órgano oficial da Sociedad Agrícola de Residentes de Vedra en Buenos Aires. Estaba dirixida por Manuel Oliveira Viqueira e contou coa colaboración de Joaquín Pesqueira, J. Buela, Luis Sánchez, Antón Zapata García, Felipe Abeleira e Julio Díaz Miranda. A publicación xurdiu a partir dunha escisión na Federación de Residentes de Teo, editora da revista Teo. Incluíu información semellante á desta pero cunha maior tendencia galeguista, acompañada de fotografías da sociedade e ilustracións de Lourido. Sucedeuno Hércules.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]