Antía Nara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antía Mato Bouzas»)
Infotaula de personaAntía Nara
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoliticóloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1440229

Antía Mato Bouzas, coñecida literariamente como Antía Nara,[1] nada en Santiago de Compostela en 1974[2], é unha politicóloga, tradutora e novelista galega en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse e fixo un mestrado en Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela, onde fixo estudos sobre migracións. Proseguiu a súa formación na Universidade Jawaharlal Nehru, en Nova Delhi, no King's College e mais na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres, un dos centros punteiros do mundo no estudo de Asia e de África. En 2005 regresou a España e proseguiu a súa investigación na Universidade Nacional de Educación a Distancia, dentro do Instituto Universitario Gutiérrez Mellado, onde se doutora.

En 2006, traballou cunha bolsa na delegación da Comisión Europea en Dacca (Bangladesh), e posteriormente trasladouse a Berlín para incorporarse ao Zentrum Moderner Orient, onde realizou estudos sobre a área xeográfica de Caxemira e a rexión fronteiriza entre a India e Paquistán.[3]

Como novelista, a súa primeira novela publicouna en 2007. Recuncou nas letras case unha década despois, en 2016, coa súa segunda novela.

Obra[editar | editar a fonte]

En galego[editar | editar a fonte]

  • Aquel lugar (Xerais, 2007)
  • Cara ao leste (Xerais, 2016).

En castelán[editar | editar a fonte]

  • India y Pakistán. Conflicto y negociación en el sur de Asia (Biblioteca Nueva, 2011)[4]

Tradución[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]