Annona purpurea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Annona purpurea é unha planta tropical da familia Annonaceae distribuída por América Central e zonas de América do Sur.

Vista do froito
Vista do froito

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha árbore froiteira caducifolia de 6 a 10 metros de altura máxima con follas grandes, vilosas e flores moi fragrantes. Ten un froito comestible, similar ao da chirimoia, arredondado, de 15 a 20 cm de largo e cuberto cunha tona verde-marrón de textura feltrosa con proxeccións en forma de gancho. A polpa deste, de cor alaranxada e consistencia fibrosa, é similar no cheiro, aparencia e sabor a algunhas variedades da manga. Contén moitas sementes.

Historia[editar | editar a fonte]

A especie Annona purpurea foi identificada pola primeira vez polos botánicos José Mariano Mociño e Martín Sessé durante a expedición botánica ao Vicerreinado de Nova España (1787-1803) que mandou o rei Carlos III de España. O traballo de Mociño e Sessé encóntrase nas coleccións do Hunt Institute for Botanical Documentation,[1] que conteñen ilustracións da flor da Annona purpurea realizadas por Mociño e Sessé.[2]

Propiedades[editar | editar a fonte]

A planta é medicinal. En México, o zume é considerado como un remedio para a febre e os calafríos. Noutros lugares úsase para aliviar a ictericia (probablemente por causa da súa cor). A decocción da casca é eficaz contra a disentería e adminístrase un té da casca interna en caso de edema.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Annona purpurea foi descrita por Moc. & Sessé ex Dunal e publicado en Monographie de la famille des Anonacées 64, t. 2. 1817.[4]

Etimoloxía

Annona: nome xenérico que deriva do taíno Annon.[5]

purpurea: epíteto latíno que significa "de cor púrpura".[6]

Sinonimia

Nomes comúns nos lugares de cultivo[editar | editar a fonte]

Chincuya, chincua, cabeza de negro (México), sencuya, cabeza de muerto, matacay o mutucuy (Guatemala), soncuya (Honduras), anona sincuya (O Salvador), toreta, soncoya (Costa Rica), guanábana torete (Panamá), catiguire, tucuria, manire (Venezuela).[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hunt Institute Art". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 08 de xullo de 2016. 
  2. "Annona purpurea (imaxe)". Hunt Institute for Botanical Documentation. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2012. Consultado o 08 de xullo de 2016. 
  3. Morton, J. (1987). "Soncoya. Annona purpurea". Purdue Unviersity. Center for Crops and Plants Products. p. 85. Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  4. "Annona purpurea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  5. "1. Annona Linnaeus, Sp. Pl. 1: 536. 1753; Gen. Pl. ed. 5, 241, 1754" 3. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2006. Consultado o 20 de abril de 2008. 
  6. En Epítetos Botánicos
  7. "Annona purpurea". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2022-02-10. 
  8. en el IPNI, International Plant Name Index]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Cabrera Cano, E. F., E. Hernández Martínez, J. Salvador Flores & C. Salazar Gómez. 2004. Annonaceae de la Península de Yucatán. Etnofl. Yucatanense 21: 1–63.
  2. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
  3. Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
  4. Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584. View in Biodiversity Heritage Library
  5. Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. (eds.) 2008. Nuevo Cat. Fl. Vasc. Venezuela 1–860. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.
  6. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Cat. Vasc. Pl. Ecuador, Monogr. Syst. Bot. Miss. Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181. Missouri Botanical Garden, St. Louis.
  7. Linares, J. L. 2003 [2005]. Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.
  8. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  9. Nelson, C. H. 2008. Cat. Pl. Vasc. Honduras 1–1576.
  10. Pérez, A., M. Sousa Sánchez, A. M. Hanan-Alipi, F. Chiang Cabrera & P. Tenorio L. 2005. Vegetación terrestre. 65–110. In Biodivers. Tabasco. CONABIO-UNAM, México.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Fichas botánicas:

Outros:

Outros artigos[editar | editar a fonte]