Anne Geddes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anne Geddes
Nacemento15 de setembro de 1956
Lugar de nacementoQueensland
NacionalidadeAustralia
Ocupaciónfotógrafa, empresaria, emprendedora e deseñadora de selos
PremiosOrde do Mérito de Nova Zelandia
Na rede
http://www.annegeddes.com/
Musicbrainz: 9be49fcb-3422-48ac-8163-298269f3eb62 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Anne Geddes, nada en Queensland o 13 de setembro de 1956 [1], é unha fotógrafa, deseñadora e empresaria australiana que vive e traballa en Nova Zelandia. É mundialmente coñecida polas súas fotografías relacionadas cos bebés e a maternidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Completamente autodidacta, na maioría da súa obra os bebés ou meniños están caracterizados coma fadas, personaxes de contos, flores ou animais. A temática das súas imaxes está completamente idealizada: as fotos amosan os bebés durmindo, rindo ou ollando para a contorna que os arrodea.

A súa obra foi publicada en 83 países e traducida a 24 idiomas [1], con máis de 18 millóns de libros e 13 millóns de calendarios vendidos [2].

Obra[editar | editar a fonte]

[3]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1997 Anne Geddes foi condecorada coma membro vitalicio pola asociación Professional Photographers of America (Fotógrafos Profesionais de América) e recibiu así mesmo un título honorario do New Zealand Institute of Professional Photographers-NZIPP (Instituto Neozelandés de Fotógrafos Profesionais).

En 2004 foi elixida coma membro da New Zealand Order of Merit (Orde Neozelandesa de Honor) "polos seus servizos á fotografía e á comunidade" [4][5]. En 2004 e 2005 o Servizo Postal Francés, La Poste, empregou catro das súas fotografías para ilustrar a serie "C'est une fille - C'est une garçon" ("É un neno - é unha nena"). En 2007 as súas fotografías foron utilizadas polo Servizo Americano de Correos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Web Oficial Anne Geddes" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2009. Consultado o 13 de xullo de 2009. 
  2. Biografía de Anne Geddes en Amazon (en inglés)
  3. Páxina de Anne Geddes en LibraryThing.
  4. "New Zealand Queen's Birthday Honours List 2004" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2009. 
  5. Queen's Birthday Honours: Anne Geddes(en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]