Casimir de Candolle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anne Casimir Pyrame de Candolle»)
Infotaula de personaCasimir de Candolle
Nome orixinalAnne Casimir Pyrame de Candolle
Biografía
Nacemento(fr) Anne-Casimir-Pyramus de Candolle Editar o valor em Wikidata
20 de febreiro de 1836
Xenebra
Morte3 de outubro de 1918
Chêne-Bougeries
Lugar de sepulturaCemetery of Chêne-Bougeries‎ (en) Traducir, L-57 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadesuíza
Actividade
Campo de traballoBotánica, Piperaceae e Fisioloxía vexetal Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico
Influencias
LinguaLingua francesa e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaC.DC. Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnna-Mathilde Marcet
FillosVéxase o texto
PaisAlphonse Pyrame de Candolle  e Jeanne-Victoire-Laure Kunkler
Premios
Véxase o texto

WikiTree: De_Candolle-4

Anne Casimir Pyrame de Candolle, nado o 20 de febreiro de 1836 en Xenebra, e finado o 3 de outubro de 1918 en Chêne-Bougeries, (Cantón de Xenebra), foi un botánico suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do botánico Alphonse Pyrame de Candolle, e neto do tamén botánico Augustin Pyrame de Candolle, continuou os traballos científicos botánicos de seu pai (e do seu avó), mantendo unha dinastía de botánicos que se prolongaría durante boa parte dos séculos XIX e XX.

Casimir de Candolle estudou química, física e matemáticas na Universidade de París, entre 1853 e 1857. Máis tarde pasou un tempo en Inglaterra, onde coñeceu a Miles Berkeley. En 1859 visitou Alxeria e durante o ano seguinte continuou a súa educación na Universidade Humboldt de Berlín.[1]

Despois volveu a Xenebra como axudante e colega do seu pai. Casou con Anna-Mathilde Marcet e tiveron catro fillos: Raymond Charles de Candolle (1864–1935), Florence Pauline Lucienne de Candolle (1865–1943), Richard Émile Augustin de Candolle (1868–1920) e Reyne Marguerite de Candolle (1876–1958).[2]

Traballou extensamente na obra Monographiae phanerogamarum, comezada polo seu pai.[3]

No campo da sistemática vexetal utilizou criterios como a estrutura do talo e/ou a disposición das follas como base de criterios anatómicos. Como fisiólogo vexetal, realizou investigacións sobre o movemento das follas, o encrespamento dos gabiáns, o efecto das baixas temperaturas na xerminación das sementes e a influencia da radiación ultravioleta na formación de flores. Estaba especialmente interesado na familia das piperáceas.[3]

Ademais do seu traballo en Mongraphiae phanerogamarum, foi coeditor dos Archives des sciences physiques et naturelles (Xenebra). Obtivo títulos de doutor honoris causa polas Universidades de Rostock, Xenebra, Aberdeen e Uppsala.[3]

Algunhas especies descritas por este autor[editar | editar a fonte]

  • Begonia convallariodora
  • Begonia tiliifolia
  • Begonia udisilvestris
  • Cedrela lilloi
  • Guarea africana
  • Juglans jamaicensis
  • Khaya anthotheca
  • Khaya grandifoliola
  • Pterocarya stenoptera

Premios[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura C.DC. emprégase para indicar a Casimir de Candolle como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]