Anna María Martínez Sagi
Anna María Martínez Sagi | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de febreiro de 1907 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Falecemento | 2 de xaneiro de 2000 |
Lugar de falecemento | Santpedor |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, atleta, poeta, escritora, sindicalista e activista |
Irmáns | Armando Martínez Sagi |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anna María Martínez Sagi, nada en Barcelona o 16 de febreiro de 1907 e finada en Moià o 2 de xaneiro de 2000, foi unha xornalista, poetisa e feminista catalá.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De raíces na alta burguesía catalá, estudou en castelán e francés. Chegou a ser campioa de España de lanzamento de xavelina e foi a primeira muller en participar na directiva do Fútbol Club Barcelona, en 1934, encargada de montar unha sección feminina.
Durante a guerra civil exerceu de xornalista na fronte de Aragón. Ó remate da contenda, fuxiu primeiro a Francia, onde recalou en París e logo en Chartres e rematou uníndose á resistencia antinazi e despois ós EUA, onde deu clases na Universidade de Illinois.
Volveu a España nos anos setenta, residindo en Moià ata a súa morte, totalmente esquecida.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Periodista en el frente de guerra, poeta, atleta, feminista: ¿por qué nadie quiso acordarse de Anna Maria Martínez Sagi?". www.publico.es. Consultado o 2021-03-21.