Anguis graeca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anguis graeca

Anguis graeca fotografada no Epiro
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Anguidae
Subfamilia: Anguinae
Xénero: Anguis
Especie: A. graeca
Nome binomial
Anguis graeca
Bedriaga, 1881
Sinonimia
Véxase o texto

Anguis graeca é unha especie de réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos,[1] unha das cinco comprendidas dentro do xénero Anguis.[2][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1881 polo zoólogo ruso, especializado en réptiles, Jacques von Bedriaga.[4] no seu traballo "Die Amphibien und Reptilien Griechenlands". Bulletin de la Société impériale des naturalistes de Moscou, 56 (1): 242–310 (Ver texto íontegro) e (2): 278-344 (Ver texto íntegro).

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Anguis.

O epíteto específico, graeca, fai referencia á súa principal área de distribución.

Sinónimo[editar | editar a fonte]

  • Anguis fragilis var. graeca.[5]

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribución das especies de Anguis en Grecia[6] (Ver texto completo).

Esta especie distribúese por Grecia e Albania.[3][4]

Características[editar | editar a fonte]

Anguis graeca é moi semellante a Anguis fragilis (inicialmente Bedriaga describiuna como Anguis fragilis var. graeca). Caracterízase polo seu corpo alongado e sen patas. Ás veces pódese ver na cabeza unha pequena abertura do oído externo. No corpo xeralmente hai de 26 a 28 fileiras lonxitudinais de escamas. Os machos son de cor agrisada, parda clara ou parda avermellada nas partes superiores; algúns espécimes presentan pequenas manchas de cor azul escura no dorso. As femias teñen as partes superiores de cor parda clara, que destaca dos flancos escuros; polo xeral, unha liña escura atravesa lonxitudinalmente o medio do corpo, que tamén pode aparecer como unha fina liña dupla. Os animais inmaturos son moi claros polas partes superiores, e de cor abrancazada ou amarelada pálida, dourada ou gris prateada, e cunha liña central estreita de cor parda amourada; a miúdo hai unha mancha parda escura en forma de lágrima na cabeza.[7]

No norte do Peloponeso, esta especie convive Anguis fragilis, da que se pode distinguir por unha liña lonxitudinal irregular na parte frontal do corpo, a abertura do oído xeralmente non é visíbel desde o exterior e o número de fileiras lonxitudinais de escamas é tipicamente menor (24-26).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anguis graeca Bedriaga, 1881 no ITIS.
  2. Anguis Linnaeus, 1758 no ITIS.
  3. 3,0 3,1 Anguis en The Reptile Database.
  4. 4,0 4,1 Anguis graeca Bedriaga, 1881 no GBIF,
  5. Anguis graeca Bedriaga, 1881 no NCBI.
  6. Jablonski, Daniel; Jandzik, David; Mikulíček, Peter; Džukić, Georg; Ljubisavljević, Katarina; Tzankov, Nikolay; Jelić, Dušan; Thanou, Evanthia; Moravec, Jiří (10-05-2016). "Contrasting evolutionary histories of the legless lizards slow worms (Anguis) shaped by the topography of the Balkan Peninsula". BMC Evolutionary Biology 16 (1). 
  7. Glandt 2015, pp. 329–330.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Glandt, Dieter (2015): Die Amphibien und Reptilien Europas: Alle Arten im Porträt. 2. Wiebelsheim: Quelle & Meyer Verlag. ISBN 978-3-494-01581-1, pp. 329–330.

Outros artigos[editar | editar a fonte]