André Martinet
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1908 Saint-Alban-des-Villards, Francia |
Morte | 16 de xullo de 1999 (91 anos) Châtenay-Malabry, Francia |
Educación | Sorbona Universidade Humboldt de Berlín |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística diacrónica e fonoloxía |
Ocupación | profesor universitario (1955–), lingüista |
Empregador | École pratique des hautes études Universidade Columbia Universidade de París |
Membro de | |
Profesores | Antoine Meillet e Fernand Mossé (pt) |
Alumnos | Andrey Zaliznyak (en) |
Obra | |
Doutorando | Henriette Walter, Andrey Zaliznyak (en) , Jacqueline de La Fontinelle, Alain Bentolila, Aziza Boucherit (en) , Claude Hagège, Pierre Encrevé (pt) , Louis-Jean Calvet (pt) e Jean Mariotti |
Familia | |
Cónxuxe | Jeanne Martinet |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мартине Андре) Enciclopedia soviética armenia, volume 7, (p.344) |
André Martinet, nado en Saint-Alban-des-Villards o 12 de abril de 1908 e finado en Châtenay-Malabry o 16 de xullo de 1999, foi un lingüista francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Catedrático de inglés, sostén en 1937 as súas dúas teses doutorais: A xeminación consonántica de orixe expresiva nas linguas xermánicas e A fonoloxía da palabra en danés.
De 1938 a 1946, é director de estudos na École pratique des hautes études. A continuación dirixe a International Auxiliary Language Association en Nova York (1946-1948), onde contribúe á elaboración da interlingua. Ensina na Universidade de Columbia, onde é nomeado director do departamento de lingüística (1947-1955) e chega a ser director da revista Word.
En 1955 volve ao seu posto na École pratique des hautes études e ocupa a cátedra de lingüística xeral na Sorbona, e logo na Universidade de París V. É presidente da Sociedade Europea de Lingüística (1966-1999), funda a Sociedade de Lingüística Funcional e a revista La Linguistique.
Influenciado pola Escola de Praga, inaugura a visión funcionalista da sintaxe (Langue et Fonction, 1962). É o autor dunha vintena de obras importantes en lingüística diacrónica (Économie des changements phonétiques, 1955) e en lingüística xeral. A súa obra máis coñecida, Éléments de linguistique générale (1960) foi traducida a 17 linguas e ten influenciado a toda unha xeración de lingüistas en todo o mundo. É tamén autor de: Syntaxe générale (1985), Fonction et dynamique des langues (1989). Ten deixado unha autobiografía intelectual: Mémoires d'un linguiste, vivre les langues (1993).
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- La description phonologique avec application au parler francoprovençal d'Hauteville (Savoie), coll. « Publication romanes et françaises », Genève, Librairie Droz, 1956.
- Éléments de linguistique générale, París, Armand Colin, 1960.
- Langue et fonction, 1962.
- La linguistique synchronique, París, Presses universitaires de France, 1965.
- Le français sans fard, coll. « Sup », París, PUF, 1969.
- Évolution des langues et reconstruction, París, PUF, 1975.
- Syntaxe générale, 1985.
- Fonction et dynamique des langues, París, Armand Colin, 1989.
- Mémoires d'un linguiste, vivre les langues, 1993.
- Des steppes aux océans, París, Payot, 1986.