Andrew Divoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrew Divoff
Andrew Divoff in 2008.jpg
Divoff o 13 de xuño de 2008.
Nome completoAndrew Daniel Divoff
Nacemento2 de xullo de 1955 (64 anos)
LugarEl Tigre, Anzoátegui, Flag of Venezuela.svg Venezuela
NacionalidadeVenezuela
Educado enUniversidade de Barcelona
Cónxuxe(s)Raissa Danilova
(29 de febreiro de 1992 - ?) (divorciado)
ProfesiónActor
(1983-presente)
editar datos en Wikidata ]

Andrew Daniel Divoff (en ruso: Андрей Дивов), nado o 2 de xullo de 1955 en El Tigre, Anzoátegui, é un actor venezolano de cinema e televisión.

Biografía[editar | editar a fonte]

O seu pai é ruso e a súa nai venezolana.[1] Actualmente reside en Estados Unidos. Divoff pode falar oito linguas diferentes: inglés, castelán, italiano, francés, alemán, catalán (viviu en Cataluña entre 1973 e 1977),[2] portugués e ruso. En ocasións fala romanés, pero esquécese do idioma cando non ten con quen falalo.[3] Divoff casou coa actriz rusa Raissa Danilova, da que está actualmente divorciado.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É coñecido internacionalmente por interpretar a Djinn no filme Wishmaster e a Cherry Ganz en Another 48 Hrs.. Tamén fixo de Boris Bazylev en Air Force One, a Ivan Sarnoff in CSI: Miami e de Mikhail Bakunin en Lost.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

  • The A-Team (nos episodios "Firing Line" e "Dishpan Man"), 1986
  • Highlander: The Series (no episodio "A Bad Day in Building A" como Bryan Slade e "Little Tin God" como Gavriel Larca), 1992 e 1996
  • Alias tempada 4, 2005
  • The Unit tempada 1, 2006
  • Lost (nos episodios "The Cost of Living", "Enter 77", "Par Avion", "One of Us", "D.O.C.", "The Man Behind the Curtain", "Through the Looking Glass" e "The Package" como Mikhail Bakunin), 2006-2007
  • Burn Notice (no episodio "Comrades" como Ivan)

Videoxogos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biography for Andrew Divoff (en inglés)
  2. ""Síntome catalán, mesmo cantei habaneras en Calella - Entrevista en El Món a RAC1" (en catalán). Consultado o 22 de maio de 2010. 
  3. Toxic Shock TV - Actor Andrew Divoff Interview Arquivado 06 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
  4. "Biography for Raissa Danilova" (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]