The A-Team

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The A-Team
A-Team-Logo.svg
Formato Acción, aventura
Creado por Stephen J. Cannell
Frank Lupo
Intérpretes George Peppard
Dirk Benedict
Dwight Schultz
Mr. T
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Produción
Duración 50 mins. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixe NBC
Primeira emisión 23 de xaneiro de 1983
Derradeira emisión 8 de marzo de 1987
Ligazóns externas
Ficha na IMDb

The A-Team (en galego O Equipo A), é unha serie de televisión estadounidense de acción emitida pola NBC entre o 23 de xaneiro de 1983 e o 8 de marzo de 1987, que narraba as ficticias aventuras dun grupo de ex-combatentes de Vietnam. Estes foran acusados dun delito que non cometeran, desde entón ofrécense como mercenarios a soldo para defender a xente en problemas. Os actores protagonistas son George Peppard, Dwight Schultz, Dirk Benedict e Mr. T.

Argumento[editar | editar a fonte]

En 1972 catro dos mellores homes do exército estadounidense que formaban un comando, foron encarcerados por un delito que non cometeran. Estes catro homes eran o coronel John "Hannibal" Smith, o sarxento Bosco A. "B.A." Baracus ("bad attitude", que se traduciu como M.A. ou "mala actitude" en español), o capitán H.M. "Howlin' Mad" Murdock e o tenente Templeton "Faceman" Peck (xeralmente chamábano "Face", "Fénix" en español). Xuntos formaban O Equipo A. O delito "que non cometeron" foi o de atracar o banco de Hanói para acabar antes coa guerra na que estaban metidos. Por desgraza, ao volver á base, esta fora asaltada e todos os seus superiores estaban mortos, polo que non quedaba ninguén para demostrar que atracaran un banco baixo ordes. Aínda que empeoraría moito a súa situación, os catro membros do Equipo A decidiron fuxir da prisión onde estaban recluídos, converténdose deste xeito en fuxitivos. A partir de aí, o exército estadounidense, xunto coa policía militar e o apoio do Goberno dos Estados Unidos, emprenden a procura do Equipo A co fin de arrestalos, sometelos a xuízo e metelos en prisión.

O Equipo A nunca está no mesmo sitio máis de dous días, xa que constantemente están fuxindo das leis xudiciais aínda sendo inocentes. Para poder subsistir, deciden facerse "mercenarios" (como rezaba a introdución orixinal), e realizar traballos para a xente necesitada. A cambio dun incentivo (o prezo depende do traballo a realizar), o Equipo A fará o traballo que se lle pida.

Aínda que os devanditos clientes sempre son distintos, os traballos a realizar adoitan ser basicamente os mesmos: defender unha vila dunha banda de ladróns, obter información sobre algún suxeito concreto etc. As misións debían facelas rápido e sen levantar moito barullo, xa que podían ser descubertos e verse acurralados polo exército.

Episodios[editar | editar a fonte]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Coronel John "Hannibal" Smith: é o cerebro do equipo. Smith é un veterano da guerra de Vietnam, e foi alcumado "Hannibal" en honor do famoso xeral cartaxinés. Smith é un destacado estudoso da guerra e sempre está "no ollo", ou sexa, listo para actuar. A súa frase máis coñecida é "Encántame que os plans saian ben". Interpretado polo falecido actor George Peppard.
  • Sarxento Bosco Albert "B.A." Baracus: é o músculo do equipo. B.A. gañou o seu alcume en Vietnam pola "Mala actitude" ("Moi agresivo", segundo o episodio piloto) que demostraba (de aí o de "M.A." - traducido do inglés orixinal "B.A." ou Bad Attitude-). Caracterizábase non só pola súa fortaleza física, tamén polo seu mal carácter, pánico a voar (sempre que se necesitaba voar, o resto do equipo sedabao dalgún xeito, por exemplo drogas nun vaso de leite) e por levar en todo momento decenas de colgantes de ouro. O actor e boxeador Mr. T foi quen deu vida a esta personaxe.
  • Capitán H.M. Murdock: enfermo mental e experto piloto que realizou misións de combate en Vietnam, capaz de pilotar calquera vehículo aéreo. O agora actor de dobraxe Dwight Schultz interpretaba a este tolo personaxe.
  • Tenente Templeton "Faceman" Peck: o principal papel de "Faceman" era o de prover ao equipo de material difícil de conseguir mediante o uso de enxeñería social. De grande éxito coas mulleres da serie, o seu nome orixinal nos EE. UU. é "Faceman" ou "Face", "Encantador coas mulleres". Ao chegar a serie a España, foi alcumado como "Fénix". Dirk Benedict daba vida a este carismático personaxe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]