Saltar ao contido

Andrés Pajares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés Pajares

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, filme, televisión e teatro Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor , actor de teatro , realizador , actor de cinema , director de cinema , actor de televisión , guionista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoPhilips
EMI Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAndrés Burguera (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webandrespajares.es Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0657004 BNE: XX1033374 Musicbrainz: 597429ec-5a7e-4e49-b086-7b048cbd3302 Discogs: 1568268 Editar o valor en Wikidata

Andrés Pajares Martín (Madrid, 6 de abril, 1940) é un actor, director, guionista e cómico de cine, teatro e televisión español.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Comezou como actor cómico en discotecas e nas compañías musicais de Antonio Machín, Manolo Escobar e Tony Leblanc. Encabezaba un cartel por primeira vez con Antonio Casal e actuou con Sara Montiel e Rocío Jurado antes de formar a súa propia compañía de revistas (Más vale pájaro en mano, Del coro al caño, La risa está servida). Alternou os escenarios co café-teatro, especialidade na que acadou un peculiar protagonismo, e gravou varios discos ao mesmo tempo.

Tamén participou en numerosos programas de televisión, sobre todo cun personaxe, El currante, que el mesmo fixo de película anos despois.

En 1979 comezou a traballar no cine xunto a Fernando Esteso. Pajares e Esteso traballaron xuntos en once películas con Mariano Ozores como director, con eles acadaron gran repercusión e popularidade a nivel nacional. A parella traballou no cine ata 1983, cando rodaron La Lola nos lleva al huerto, a súa última película xuntos. Catro anos máis tarde reencontraronse, esta vez no escenario, na obra La extraña pareja, de Neil Simon, dirixida por José Osuna .

Xa separado profesionalmente de Fernando Esteso, continuou traballando como actor de cine e televisión. En 1990 chegou ao punto culminante da súa carreira como actor grazas a ¡Ay, Carmela!, coa que gañou, entre outros, un Goya do Academia e o premio ao mellor actor no festival Montreal.

En 1996 participou como actor, xunto a María Barranco, en Bwana e, posteriormente, en producións televisivas como ¡Ay, Señor, Señor! (1994 -1995) e Tío Willy (1998-1999).

Ademais da súa traxectoria profesional, tamén é coñecido en España pola súa vida privada e familiar. De cando en vez vese nalgúnha das televisións en programas do corazón e tamén en revistas de prensa rosa.

En 2008, coincidindo cos seus cincuenta anos de traxectoria artística,[1] estreou a obra A mi manera de hacer,[2] no que recreou os seus números máis populares. Pouco despois da súa estrea, o 28 de febreiro dese mesmo ano, a obra foi parada por problemas persoais do actor, aínda que máis tarde protagonizou a segunda parte de "Oro de Moscu", a película "La daga de Rasputin" dirixida por Jesús Bonilla, con grande éxito de recadación. Andrés Pajares é actualmente o decano dos actores cómicos españois.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Casou coa actriz Carmen Burguera, da que quedou viúvo en 1973[3] e coa que tivo o seu fillo Andrés Burguera (1966).[4] En 1975 casou con Ascensión «Chonchi» Alonso, nai da súa filla Mari Cielo (1976),[5] separáronse en 1997. Despois tivo unha relación con Conchi Jiménez entre 1997 e 2003.[6] En marzo de 2003 anunciou que tiña outra filla chamada Eva, nacida en 1971.[7] A súa última relación sentimental coñecida é, desde 2016, coa súa secretaria, Juana Gil. O 5 de decembro de 2019 casou con ela civilmente.

Premios Goya
Ano Categoría Película Resultado
1990 Mellor actor ¡Ay, Carmela! Gañador


Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos[8]
Ano Categoría Película Resultado
1991]] Mellor actor ¡Ay, Carmela! Gañador

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Actor

Director
Guionista

Televisión

[editar | editar a fonte]
Referencias
  1. Página Web oficial
  2. "Blog". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 23 de maio de 2023. 
  3. Diario ABC, ed. (23 de novembro de 1973). "La escena al día". 
  4. El Mundo, ed. (2 de febreiro de 2019). "Andrés Pajares: "Mi estado es buenísimo. Soy mayor, no viejo"". 
  5. Telecinco, ed. (5 de maio de 2008). "Las mujeres de Pajares". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2023. Consultado o 23 de maio de 2023. 
  6. El Periódico, ed. (9 de maio de 2016). "Andrés Pajares se compromete con su secretaria". 
  7. El Periódico de Extremadura, ed. (11 de marzo de 2003). "Andrés Pajares y su mujer se separan". 
  8. "Premios del CEC a la producción española de 1991". Círculo de Escritores Cinematográficos. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]