Antonio Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Casal
Nacemento10 de xuño de 1910
 Santiago de Compostela
Falecemento11 de febreiro de 1974
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactor
editar datos en Wikidata ]

Antonio Casal Rivadulla, nado en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1910 e finado en Madrid o 11 de febreiro de 1974, foi un actor galego.

Traballou en teatro, cine e televisión e foi un dos grandes galáns do cine español de posguerra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou estudos de navegación marítima e de comercio na Coruña. Con todo, pronto abandonou ambas as carreiras e trasladouse a Madrid onde iniciou a súa carreira artística. Incorporouse á Compañía teatral de Julia Lajos e máis adiante á de Társila Criado e Jesús Tordesillas. De aí pasou sucesivamente ás compañías de Moreno Torroba e María Fernanda Ladrón de Guevara, coa que protagonizou La madre guapa.

Debutou no cine en 1941 con Polizón a bordo que recreaba o ambiente da súa terra, e pronto se converteu nun dos principais galáns do panorama español, protagonizando sobre todo películas cómicas, como El hombre que se quiso matar (1941), de Rafael Gil, Doce lunas de miel (1943), de Ladislao Vajda ou El fantasma de Doña Juanita (1944), de Rafael Gil. Un dos traballos polo que é máis recordado é polo seu papel en La torre de los siete jorobados (1944), de Edgar Neville, hoxe considerado un filme de culto.

Iniciada a década dos cincuenta primou a súa carreira sobre os escenarios e formou unha compañía de revista con Ángel de Andrés (1950-1957) e máis tarde a súa propia. Tivo éxitos tan famosos como A lo loco de José Padilla, Las cuatro copas (1951-1953), Los 4 besos ou Entre pillos anda el juego. Prolongou unha década a súa presenza no xénero, compartindo escenario, entre outros, con Tony Leblanc en Todos contra todos (1962) e con Juanito Navarro en Quiero un bebé! (1965).[1][2]

A partir dos anos 60 traballou tamén na dirección e produción teatrais e gozou de novo de gran popularidade grazas ás series de Televisión española Palma y Don Jaime (1959), Plinio (1972) e Animales racionales (1972).

Vida privada[editar | editar a fonte]

Casou en 1953 coa tamén actriz Carmen Mínguez e tiveron dous fillos: Jesús e María Casal, quen tamén se dedicou á interpretación.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel
1941 ¡Polizón a bordo! Manucho
1941 Pepe Conde Juan José
1941 Para ti es el mundo
1942 El hombre que se quiso matar Federico Solá
1942 Viaje sin destino Poveda
1943 Huella de luz Octavio Saldaña
1944 Doce lunas de miel Jaime
1944 Te quiero para mí César Guzmán
1944 La torre de los siete jorobados Basilio Beltrán
1945 El fantasma y Dª Juanita Tony / José
1945 Cinco lobitos Pedro
1945 Un hombre de negocios Fernando
1948 Botón de ancla José Luis Bahamonde
1948 La fiesta sigue Pacorro
1949 La guitarra de Gardel Paco
1951 El sueño de Andalucía
1951 Andalousie
1951 El negro que tenía el alma blanca Nonell
1951 La trinca del aire
1952 Doña Francisquita Cardona
1953 Fantasía española Rafael
1956 Manolo guardia urbano!
1957 La ironía del dinero El Hambrientito de Cuenca
1958 Familia provisional
1958 Las chicas de la Cruz Roja! Andrés
1958 Secretaria para todo Sergio Romero
1959 Las locuras de Bárbara
1959 Camarote de luxo Aurelio Romay
1959 El día de los enamorados Antonio
1960 Mi calle Lesmes
1960 El vagabundo y la estrella Bartolo
1961 Don José, Pepe y Pepito Don José Quiroga
1962 Mi adorable esclava Leopoldo
1962 Siempre en mi recuerdo
1963 El diablo en vacaciones Pepe
1963 Han robado una estrella Antonio
1963 Cuatro bodas y pico Joaquín
1964 La nueva Cenicienta Jorge
1968 Un día es un día Don Rogelio
1969 Amor a todo gas Eduardo Acevedo
1969 La revoltosa Cándido
1970 La tonta del bote Don Ambrosio
1970 El cronicón A. Tomas
1971 Vacío en el alma
1973 Me has hecho perder el juicio Avogado

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1959 Palma y Don Jaime Don Jaime
1961 Gran teatro 1 episodio: "Un marido ideal"
1968 Historias naturales 1 episodio: "La dulce muerte"
1968 Escritores en televisión 1 episodio: "El oficio de vivir"
1971 Teatro de siempre 1 episodio: "Casa de muñecas II"
1971 Hora once 2 episodios: "Blasones y talegas", "La Marquesa de O"
1971 Plinio Plinio Personaxe regular. 6 episodios
1972 Pequeño estudio 1 episodio: "Matrícula de Alemania"
1973 Estudio 1 2 episodios: "La bella Dorotea II", "Doce hombres sin piedad"
1972 Animales racionales 10 episodios.
1975 Original Esteve 1 episodio: "El último asalto"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estrea da revista de Tony Leblanc "Todos contra todos", en San Fernando". ABC (en castelán). 19 de xaneiro de 1963. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  2. "Representación de "¡Quiero un bebé!" en La Latina". ABC (en castelán). 4 de xullo de 1965. Consultado o 20 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]