Tony Leblanc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tony Leblanc
Tony Leblanc 2012.jpg
Nome completoIgnacio Fernández Sánchez
Nacemento7 de maio de 1922
LugarMadrid, España España
Falecemento24 de novembro de 2012 (90 anos)
LugarVillaviciosa de Odón
CausaInfarto agudo de miocardio e cancro de páncreas
SoterradoCemiterio de La Almudena
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActor, director, humorista
Coñecido/a porTony Leblanc
editar datos en Wikidata ]

Ignacio Fernández Sánchez, máis coñecido como Tony Leblanc, nado en Madrid o 7 de maio de 1922 e finado o 24 de novembro de 2012, foi un actor, director de cine e humorista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán da tamén actriz Sonia Leblanc. Como curiosidade pódese dicir que naceu no Museo do Prado onde o seu pai traballaba como porteiro. El mesmo traballou durante un tempo neste museo coma ascensorista.

Na súa adolescencia foi afeccionado ó boxeo, chegando a ser campión de Castela dos pesos lixeiros afeccionado, ó tempo que participaba no teatro de afeccionados. Tamén foi xogador de fútbol no Carabanchel CF de Terceira División.

Debuta profesionalmente en 1944 coa compañía de Celia Gámez e cinematograficamente en 1945 en Los últimos de Filipinas. O seu éxito esténdese desde a segunda metade dos anos 50 e todos os anos 60. Nalgunhas películas forma parella artística con Concha Velasco, noutras, trío cómico-artístico con José Luis Ozores e Manolo Gómez Bur. A mediados dos anos 70 comeza a súa decadencia agravada por unha doenza que o deixa inválido e o aparta da actividade profesional.

En 1981 foi operado de cataratas na Clínica Ruber de Madrid.

Cando Tony Leblanc decidiu retirarse do cine en 1975 ó rodar "Tres suecas para tres Rodríguez", nunca pensou que un grave accidente de tráfico ocorrido o 6 de maio de 1983 truncaría definitivamente a súa carreira. O accidente deixouno incapacitado temporalmente.

Despois de case 23 anos retirado, Santiago Segura rescatouno para a súa primeira película, Torrente, el brazo tonto de la ley en 1998 onde conseguiu un Goya ó Mellor Actor Secundario. A recollida deste premio en xaneiro de 1998 foi especialmente emotiva debido á case milagrosa recuperación do actor, quen logrou camiñar despois de ter permanecido en cadeira de rodas. Segura contou de novo con el para continuar a saga con Torrente 2: Misión en Marbella no 2001 e con Torrente 3: El protector no 2005.

Nas últimas tempadas, desde 2001, puidemos velo tamén en TVE na serie Cuéntame cómo pasó encarnando a Cervan, un vello e entrañable quiosqueiro. Desde abril de 2007, ademais, colabora con Santiago Segura no programa de humor Sabías a lo que venías, de La Sexta.

Tamén produciu, dirixiu e escribiu varias películas, iniciándose na dirección con El pobre García, comedia con Lina Morgan e Manolo Gómez Bur. Non conseguiu excesivos resultados comerciais coas súas aventuras coma produtor, polo que abandonou a carreira como director cinematográfico.

Traballou en dúas etapas como actor: a primeiro, desde 1945 até 1975; e a segunda, desde 1998 até 2012.

Morreu o 24 de novembro de 2012, aos 90 anos de idade.[1]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]