Saltar ao contido

André Léo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVictory Léodile Béra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Léodile Béra Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Victoire Léodile Béra Editar o valor en Wikidata
18 de agosto de 1824 Editar o valor en Wikidata
Lusignan, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de maio de 1900 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Saint-Maurice, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Auteuil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadefrancesa
Actividade
Campo de traballoLiteratura, xornalismo e acción política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, xornalista e militante revolucionaria
Membro de
Pseudónimo literarioAndré Léo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoCerco de Paris (1870-1871) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5643608

Victoire Léodile Béra, máis coñecida coma André Léo, nada o 18 de agosto de 1824 en Lusignan (Vienne) e finada o 20 de maio de 1900 en París, foi unha novelista e xornalista feminista francesa, militante do socialismo e do anarquismo e membro da Primeira Internacional.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Béra naceu en Lusignan, na casa número 4 da praza en que se atopa actualmente a casa do concello. Permaneceu alí ata 1830, cando a familia se trasladou a Champagné Saint Hilaire. Creceu nun medio cultivado dunha familia da burguesía ilustrada. O seu avó foi revolucionario e fundou en 1791 a "Sociedade dos Amigos da Constitución". O seu pai, ofical de mariña, era notario en Lusignan e máis tarde xuíz de paz.[2]

Os seus primeiros textos, asinados como Léo, apareceron en 1850 en La revue sociale publicada en Boussac por antigos saint-simonistas, entre eles Grégore Champseix. Este xornalista, perseguido polas súas posicións socialistas en 1848-1849 exiliouse en Lausanne. Tralo golpe de estado de Napoleón III do 2 de decembro de 1851, Béra reuniuse con el e casaron o 17 de decembro de 1953.[3] Tiveron dous fillos xemelgos que naceron o 8 de xuño de 1853. A familia regresou a Francia tras unha amnistía en 1861.

En París, Léodile Bera iniciou a súa carreira como novelista co pseudónimo de André Léo. Enviuvou en 1863, mais co apoio de familias amigas ás que confiou con frecuencia os seus fillos, logrou continuar a escribir. En 1864 incorporouse á Societé des gens de lettres e realizou colaboracións con xornais socialistas, democrátas e pacifistas.[3]

Compromiso social e feminista

[editar | editar a fonte]

A partir da súa estadía en Suíza, publicou a súa primeira novela, escrita en Vienne en 1851, Une vielle fille. Asinou co pseudónimo de André Léo, composto polos nomes dos seus fillos. Na revista La Coopération publicou en 1867 reportaxes sobre a situación do traballo e defendeu e militou para crear asociacións obreiras.

Cando regresou a París en 1861, comprometeuse cos republicanoa, militou coa xornalista e escritora feminista Paule Mink e coa anarquista Louise Michel e adheriuse á Asociación Internacional de Traballadores, AIT, coñecida como Primeira Internacional, fundada en Londres en setembro de 1864. En 1866 creou a Association pour l'amélioration de l'enseignement des femmes ("Asociación para a mellora do ensino das mulleres").

En xullo de 1868, xunto con outras dezaoito mulleres, entre elas obreiras internacionalistas de Puteaux, fixo público o Manifeste en faveur des droits des femmes defendendo a igualdade de sexos que se sitúa na orixe da primeira vaga do feminismo en Francia.[4] Tamén anunciou a creación dunha liga. Comprometeuse nos debates sobre a situación das mulleres en discursos, artigos ("L'Opinion nationale", 1868), un ensaio (La Femme et les moeurs. Monarchie ou liberté, 1869) e un folletín (Aline-Ali, 1868-1869).[3] Durante a Comuna escribiu en diversos xornais, entre eles La Social, onde defendía a causa do pobo, mais cuestionando os dirixentes que queren facer a "revolución sen as mulleres".[3]

Moi relacionada con Noémie Reclus e os irmáns Élie e Élisée Reclus, creou na súa casa en 1869 un grupo feminista chamado Société pour la Revendication du Droit des Femmes. Entre os seus membros estiveron Paule Mink, Louise Michel, Eliska Vincent, Jules Simon e Caroline de Barrau e tamén participou Maria Deraismes. Debido á ampla gama de opinións, o grupo decidiu centrarse no tema da mellora da educación das nenas.

  1. Merriman. A comuna de Paris - 1871 - origens e massacre (en portugués). Editora Rocco. ISBN 9788569474050. 
  2. L'Humanité, 26 de agosto de 2011, p. 20.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Bard, Christine; Chaperon, Sylvie. Dictionnaire des féministes : France, XVIIIe-XXIe siècle (en francés). p. 50. ISBN 978-2-13-078720-4. OCLC 972902161. Consultado o 2021-08-05. 
  4. Riot-Sarcey, Michèle (2008). Histoire du féminisme (en francés) (Nouv. éd ed.). La Découverte. p. 50. ISBN 978-2-7071-5472-9. OCLC 300280620. Consultado o 2021-08-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]