Anazarbo
![]() | Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario MAGHOI (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 3 días. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Turquía | |||
Provincia | Provincia de Adana ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Disolución | 1374 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2014 | |||
Identificador | 5910 | |||
Anazarbo, Anazarba ou Anazarb (en grego: Ἀναζαρβός; en latín: Anazarbus; em armenio: Անարզաբա), tamén chamada Caesarea ad Anazarbum (Caesarea no Anazarbo) e Xustinópolis (Ίουστινούπολις) ou, mais tarde, Anazarva ou Anavarza (en árabe: عين زربا; romanizado.: Aïn Zarba; en turco: Çeçenanavarza), foi unha antiga cidade de Cilicia.
Durante o Imperio Romano tardío, foi a capital de Cilicia Secunda. O emperador bizantino Xustiniano I reconstruíu a cidade, no 527, despois de ser case destruída por un sismo. No 1374, foi destruída polos exércitos do Imperio mameluco, unha vez conquistado o resto do Reino Armenio de Cilicia.
Atópase a uns 15 quilómetros ao oeste do curso principal do río Píramo, preto do seu afluente Sempas. Na actualidade é coñecida como Aǧaçli, na provincia de Adana, preto da pequena aldea de Dilekkaya, no distrito de Kozan.
Localización[editar | editar a fonte]
Estaba situada en Anatolia, na actual Turquía, na actual Çukurova (a antiga Cilicia, hoxe denominada a Chaira de Aleia) a uns 15 km ao oeste da corrente principal do actual río Ceyhan (na antigüidade denominado río Pyramus) e preto do seu afluente o Sempas. Unha alta dorsal illada formaba a súa acrópole. Aínda que parte da mampostería das ruínas é certamente prerromana, tradicionalmente foi identificada, a partir das referencias nos Suídas, con Cyinda, coñecida como a cidade do tesouro nas guerras de Eumenes de Cardia. Porén, hoxe non se pode aceptar a localización como Cyinda no oeste de Cilicia, que dá Estrabón.
Historia[editar | editar a fonte]
A cidade xa existía na época prerromana, mais no marco do Imperio romano adoptou o nome de Caesarea e converteuse na capital da provincia de Cilicia Secunda.
No ano 525, foi reconstruída despois dun terremoto polo emperador Xustino I, que cambiou o seu nome polo de Giustinopoli (Xustinópolis), pero o vello nome nativo persistiu, e cando Toros I de Armenia, a converteu na capital do Reino Armenio de Cilicia, a comezos do século XII, xa era coñecida como Anazarva.
Dioscórides, Xulián de Anazarbus e Opiano de Anazarba eran orixinarios desta cidade.
Notas[editar | editar a fonte]
- Chisholm, Hugh, ed. (1911). "cómpre nome do artigo". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés).