Amélia Muge
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Maputo, Mozambique |
Educación | Universidade Eduardo Mondlane |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora, compositora de cancións |
Instrumento | Voz |
Amélia Muge, nada en Maputo (Mozambique) o 7 de febreiro de 1952, é unha cantora, instrumentista, compositora, e letrista portuguesa. Vive en Portugal desde 1984. Estudou Belas Artes e Historia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dunha familia de músicos, publica o seu primeiro traballo Múgica no ano 1992, producido por Antonio José Martins. O disco terá unha gran repercusión no circuíto universitario portugués. O segundo traballo contará co apoio de José Mário Branco, con que colaborará no 1995 no disco homenaxe a José Afonso Maio Maduro Maio.
A súa música é unha mestura de tradición e innovación. Partindo da música tradicional portuguesa e africana consegue introducir elementos da modernidade. Para iso emprega tanto intrumentos tradicionais como novas tecnoloxías. Ten musicado tanto poemas da súa propia autoría como poemas de varios poetas da lingua portuguesa, onde destacan Fernando Pessoa, Cesário Verde e Grabato Dias, sen esquecer os poemas de orixe tradicional.
No ano 2006 participou na iniciativa Cantos na Maré. Tamén ten colaborado con artistas de lingua galega como Uxía, Amancio Prada ou o grupo de folk Xeque Mate. Tamén participou no concerto Galiza a José Afonso, no ano 1985.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Múgica (1992)
- Todos os Dias (1994)
- Maio Maduro Maio (1995)
- Taco a taco (1998)
- Novas vos Trago (1998)
- A Monte (2002)
- Não Sou Daqui (2006)