Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo.
Amélia Muge é unha cantora, instrumentista, compositora, e letrista portuguesa, nacida en Mozambique no ano 1952. Vive en Portugal desde 1984. Estudou Belas Artes e Historia.
Filla dunha familia de músicos, publica o seu primeiro traballo Múgica no ano 1992, producido por Antonio José Martins. O disco terá unha grande repercusión no circuíto universitario portugués. O segundo traballo contará co apoio de José Mário Branco, con que colaborará no 1995 no disco homenaxe a José AfonsoMaio Maduro Maio.
A súa música é unha mestura de tradición e innovación. Partindo da música tradicional portuguesa e africana consegue introducir elementos da modernidade. Para iso emprega tanto intrumentos tradicionais como novas tecnoloxías. Ten musicado tanto poemas da súa propia autoría como poemas de varios poetas da lingua portuguesa, onde destacan Fernando Pessoa, Cesário Verde e Grabato Dias, sen esquecer os poemas de orixe tradicional.