Saltar ao contido

Amy Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmy Lee

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Amy Lynn Lee Editar o valor en Wikidata
13 de decembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Riverside, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónMiddle Tennessee State University (en) Traducir
Pulaski Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, compositora de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Metal alternativo, Rock gótico, Nu metal, Gothic metal e Metal sinfónico Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz, teclado, piano e arpa Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoWind-Up Records (pt) Traducir
BMG Rights Management Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJack Hartzler Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webamyleeofficial.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1341624 Rottentomatoes: celebrity/amy_lee TV.com: people/amy-lee-1
Facebook: AmyLeeOfficial Twitter: AmyLeeEV Instagram: amylee Youtube: UCxdWaWTIj-AFycTmuAPm62A BNE: XX5741665 Spotify: 0fGVuq5ed21pM7iWwTcMyk iTunes: 913276857 Musicbrainz: 7ee89158-3446-4044-bb88-0dcc4d4cd6c0 Songkick: 524819 Discogs: 263224 Deezer: 15741 Editar o valor en Wikidata

Amy Lynn Hartzler, máis coñecida como Amy Lee, nada como Amy Lynn Lee o 13 de decembro de 1981 en Riverside (California), é a pianista de formación clásica, cantante mezzosoprano, deseñadora, compositora e cofundadora do grupo estadounidense de rock gótico Evanescence. As súas influencias van desde músicos clásicos como Mozart até artistas modernos como Björk, Depeche Mode, Nirvana,Tori Amos,[1] Danny Elfman[2] e Plumb[3].No ano 2006 foi incluída no posto 69 entre os 1 000 mellores vocalistas de metai de todos os tempos pola revista Hit Parade, e o mesmo ano a súa banda foi elixida como a mellor do metal de 2006 por Rolling Stone.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Amy Lynn Lee naceu o 13 de decembro de 1981 en Riverside, California nos Estados Unidos. Filla de John Lee, un DJ e unha personalidade da TV, e Sara Cargill. A familia de Amy é cristiá e ten un irmán, Robbie e dúas irmás, Carrie e Lori. Cando tiña 6 anos morreu a súa irmá máis nova Bonnie con 3 anos, dunha "enfermidade descoñecida"; segundo ela "aínda agora, os médicos non saben o que pasou"[4][5]Informouse que as cancións "Even in death" do álbum Origin e "Hello" do álbum Fallen foron escritas en homenaxe á irmá falecida, así como a canción "Like You" de The Open Door. Amy Lee recibiu clases de piano durante nove anos. A súa familia mudouse a varios lugares, incluíndo Florida e Illinois, e finalmente instaláronse en Little Rock, Arkansas, onde nace Evanescence. Foi a Middle Tennessee State University para estudar teoría e composición e despois deixouno para centrarse en Evanescence.

Nunha entrevista Lee dixo que as primeiras cancións que lembra ter escrito foron «Eternity of the Remorse» e «A Single Tear». Escribiu a primeira cando tiña once anos e quería ser unha compositora clásica e a segunda foi para unha sesión cando cursaba oitavo grao.[6]

Amy casou o 6 de maio do 2007 cun terapeuta de 29 anos chamado Josh Hartzler. A cerimonia foi na casa dela e a lúa de mel foi nas Bahamas. Ela escribiulle ao seu esposo, cando aínda non estaban casados, as cancións "Bring Me To Live" (do CD de Fallen) e "Good Enough" (do CD de The Open Door).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Evanescence

[editar | editar a fonte]

En 1998, fundou o grupo Evanescence xunto ao guitarrista Ben Moody. Ámbolos dous coñecéronse nun campamento relixioso, mentres ela tocaba "I'd Do Anything For Love (But I Won't Do That)" de Meat Loaf ao piano. En menos dun mes, comezaron a realizar presentacións acústicas en tendas de libros e cafeterías. Tempo despois gravaron dous EPs: Evanescence EP (decembro de 1998) e Sound Asleep (agosto de 1999).

No 2000, Evanescence gravou Origin, demo que contén tres cancións do seu álbum de estrea posterior, Fallen, escritas por Amy e Moody: "Whisper", "Imaginary" e "My Immortal". A pesar de que "Whisper" e "Imaginary" tiveron moitas modificacións antes de seren incluídas en Fallen, "My Immortal" non foi reversionada. Unha versión de "My Immortal" coa banda completa estivo dispoñible para ser descargada da web oficial da banda por aqueles que compraran unha copia orixinal de Fallen, polo que era necesario descargar un programa verificador. Dita versión está incluída en copias máis recentes de Fallen, como a brasileira e a arxentina.

O 22 de outubro de 2003, o guitarrista deixou a banda debido a "diferenzas creativas". Nunha entrevista varios meses despois, Amy dixo: "Foi unha situación incómoda para todos. Todos estabamos moi infelices, era hora de cambiar". Tamén declarou: "Finalmente somos unha verdadeira banda, non só Ben e eu e algúns outros postos xuntos". Terry Balsamo, ex-integrante de Cold, substituíu a Ben Moody como guitarrista e compositor.

Desde 2005, Amy xunto a Terry Balsamo comezaron a traballar nun novo material para The Open Door, que foi lanzado o 3 de outubro de 2006.

Colaborou creando unha versión titulada "Sally's Song" (en galego, "A canción de Sally") para "Nightmare Revisited", unha colección de versións realizadas por bandas e artistas da actual escena musical.

En agosto de 2011, Evanescence comezou a promocionar en varios espectáculos o seu primeiro sinxelo do álbum homónimo What You Want, tales como Jay Leno Show ou MTV News entre outros. O 20 de agosto de 2011, Evanescence presentouse no MG Rock Festival do Canadá, logo en setembro comezou a xira estadounidense en cidades como Nashville (Tennessee) e no estado de Texas. Máis tarde iniciouse o Evanescence Tour, visitando o Rock In Río, no Brasil; así como diversas cidades estadounidenses como Los Ángeles e países como Porto Rico ou Grecia, entre outros. Con Evanescence actuou no concerto do Premio Nobel da Paz o 11 de decembro de 2011, onde interpretaron "Lost in Paradise" e "Bring Me to Life",​ antes de comezar a nova xira en América do Norte. Viaxaron a Asia a finais do ano 2011 e principios do 2012 e despois abríronse paso por Europa e Oriente Medio no resto do ano 2012. Tamén participaron no tour Carnival Of Madness que durou desde mediados de xullo até o 2 de setembro dese ano.[7][8][9]

No mes de outubro de 2013, Wind-up Records vendeu parte do seu catálogo de artistas, entre eles Evanescence e as súas gravacións orixinais a Bicycle Music Company. A empresa irmá de Concord Music Group comercializou o catálogo.[10]​ O 3 de xaneiro de 2014, sóubose que Amy Lee presentara unha demanda contra a discográfica Wind-up Records, en busca dunha recadación económica de 1,5 millóns de dólares en regalías non pagadas que se debían á banda.[11]​ En marzo de 2014, a través da súa conta de Twitter, Lee anunciou que ela e Evanescence terían o seu propio selo discográfico e serían artistas independentes.[12]

O 7 de agosto de 2015, a banda anuncia a marcha do guitarrista Terry Balsamo, así como a chegada de Jen Majura, baixo da banda alemá Equilibrium.[13]

22 de agosto de 2016, durante unha entrevista realizada pola revista estadounidense Rolling Stone, Amy Lee anunciou que Evanescence levaría a cabo unha xira polo país, facendo un percorrido dos grandes éxitos da banda.

No ano 2016 comezou o Fall Tour (composto por 16 datas), pasando por varios estados estadounidenses, como Texas, Oklahoma, Los Ángeles, Alabama, Carolina do Norte, Carolina do Sur, Maryland, Nova Jersey e Nova York (finalizando o tour 0 23 de novembro, en Huntington. O 13 de setembro de 2016, Evanescence anunciara na súa web a saída á venda dunha caixa cun vinilo titulado The Ultimate Collection incluíndo unha nova versión de "Even in Death", unha canción que aparecera por primeira vez en Origin.[14]​​ O set lanzouse o 9 de decembro de 2016​, mais debido a un atraso por parte do fabricante dos vinilos, tivo que ser aprazada até xaneiro de 2017. A cambio, para compensar o erro, Amy Lee publicou na web da banda que asinaría un póster exclusivo para cada persoa que estivese nos primeiros 400 pre-pedidos e que estes serían de entrega inmediata.[15]

Evanescence anunciou a finais de 2016 a volta do grupo por Suramérica que iniciarían en 2017 no Brasil (Brasilia e São Paulo), Arxentina; a súa presentación en Chile no estadio Movistar e a actuación por primeira vez en Ecuador.​ Por último, a mediados do mes de marzo, revelouse a súa participación no Festival «Vivo X El Rock 9», no Perú, encabezando o evento xunto a outros artistas recoñecidos como Korn, Molotov, Vanilla Ice, entre outros, o día 29 de abril.[16]Tamén fixeron unha xira por Europa, con 18 concertos percorrendo diferentes países como Suíza, Reino Unido, Bélxica, Polonia, Alemaña etc., chegando a tocar dous concertos en Rusia, o día 23 (San Petersburgo) e o 24 de xuño (Moscova).[17]

A finalidade destes Tours foi a recadación de fondos para o desenvolvemento dun novo material discográfico. Durante a xira suramericana, Amy Lee foi presentando datos sobre o tema, revelando que ademais dun cuarto álbum tradicional, estrearán previamente un proxecto que promete ser "totalmente innovador e diferente".[18]

Synthesis foi o cuarto álbum de estudio da banda, lanzado o 10 de novembro de 2017 por BMG Rights Management.​ O álbum inclúe versións de cancións de traballos anteriores con arranxos orquestrais e elementos de música electrónica, ademais de dúas novas cancións. David Campbell foi o responsable do arranxo xunto con Amy Lee e o produtor William B. Hun.t (sen relación co batería da banda, Will Hunt). Co fin de promocionar o novo material, Evanescence embarcouse no Synthesis Tour, inaugurado o 14 de outubro de 2017 nas Vegas e visitando varias cidades dos Estados Unidos e o Canadá até decembro.[19]

No verán de 2018 deron varios shows polos Estados Unidos, acompañados da violinista Lindsey Stirling, que sería a abreconcertos da banda, ademais de ser a artista convidada na canción "Hi-Lo" onde colaboou cun só de violín na versión estudio da canción, e uníndose en vivo á segunda parte do Synthesis Tour.[20]

Carreira solista

[editar | editar a fonte]

Durante unha entrevista coa revista Spin en outubro de 2008, Lee dixo que estaba escribindo novas cancións. Mencionou as súas influencias da música folk e celta que xunto cos escritos dese momento facíana regresar ás súas raíces máis vellas. A súa razón para iniciar este novo camiño foi demostrar que era máis que un "cabalo que só sabe facer un truco".[21]Noutra entrevista para The Gaulent, nas mesmas datas, afirmou que non sabía se comezaría unha carreira en solitario, por estar nun punto de "non saber o que pasará". Tamén dixo que Eanescence seguía traballando como unha banda, aínda que a xira resultaba monótona. Seguiría escribindo cancións, sen precisar o seu propósito.[22]

O terceiro álbum foi lanzado en 2011 co nome da banda Evanescence, mais dous anos despois, o 6 de agosto de 2014, Amy Lee anuncia o seu primeiro disco en solitaro Aftermat. Este álbum sería a banda sonora da película War Story, lanzado o 25 de agosto dese ano.

O 30 de setembro, Amy Lee publicou o disco de música infantil Dream Too Much, que chamaría moito a atención da crítica e seguidores, xa que representou un gran xiro na súa carreira. Lee explicou que o disco é un proxecto dedicado ao seu fillo Jack Lion e no que estivo involucrada a súa familia.[23]

Outros proxectos

[editar | editar a fonte]

No ano 2000 Lee foi vocalista convidada en dúas das cancións do ex-teclista de Evanescence David Hodges "Breathe" (The Summit Church: Summit Worship) e a inédita "Fall Into You".[24]Tamén realizou os coros de Missing You", unha canción de "Big Desmal" do seu álbum debut Believe e cantou os coros noutras dúas cancións do grupo The Damning Well, aínda que a súa voz foi retirada da versión finai debido a problemas co selo discográfico.[25]Colaborou con Shaun Morgan na canción "Broken" do álbum Seether Disclaimer II, que formou parte da banda sonora do filme de 2004 The Punisher.

Amy tamén estivo a traballar na composición da música para a película As Crónicas de Narnia: o león, a bruxa e o armario, pero foi rexeitado por ser "moi escuro e épico". Con todo, os produtores de "Narnia" afirmaron que nunca lle pediron que compuxese música para a película e que non se previra incluír música de Evanescence na banda sonora. Especulábase que o material para Narnia fora usado en varias das cancións de The Open Door, pero Amy afirmou que isto non era certo, excepto pola introdución da última canción do álbum, "Good Enough".

Lee converteuse en presidenta de Out of the Shadows en 2006.[26]Esta organización estadounidense é unha fundación internacional co obxectivo de educar sobre a epilepsia, enfermidade que tiña diagnosticada o seu irmán máis novo, Robby. Tamén fixo unha breve aparición nun vídeo musical de Johny Cash God's Gonna Cut You Down, a finais dese ano. Permitíuselle escoller o que faría no vídeo e Lee aparece deixando flores nunha tumba. A escena gravouse na Igrexa da Trindade en Manhattan, levando un abrigo de veludo negro que fora de Tim Burton.[27]

En febreiro de 2008 a National Music Publishers' a Association outorgou a Lee o 2008 Songwriter Icon Award, que recoñece a compositores destacados polos seus logros persoais.[28]No mes de setembro Walt Disney Records lanzou Nightmare Revisited, no que Lee cantou unha versión de "Sally's Song". Este álbum contén novo material e versións das cancións da banda sonora de The Nightmare Before Christmas. Lee fixo interpretacións en vivo de "Sally's Song" durante a estrea deThe Nightmare Before Christmas en Hollywood, California o 17 de outubro e o día 13 en The Tonight Show.[29][30]

Amy Lee posúe un tipo de voz que engloba no rango de mezzosoprano lírica. A súa voz identificouse pola súa potencia, constatada en cancións como "Lithium", "Weight of The World", "Going Under" e "Imaginary". A súa voz é unha das mellores e máis representativas do seu xénero musical. Nota máis longa (duración alcanzada): 8 tempos / negra = 72 (13 segundos) que foi en "Hello".

Rexistro vocal: 4.5 oitavas. Nota máis alta: E6. Nota máis baixa: E3. Cabe destacar que Amy posúe varias calidades vocais; como a voz a distono e un vibrato virtuosista, que se pode escoitar en cancións como "Breathe Non More", entre outras. Malia que a súa tesitura natural é de mezzosoprano-lírica tamén abarca o rexistro de contralto e de soprano lírica-dramática logrando fonar con facilidade até un re#6. Ademais outra das súas calidades é cantar en tesituras sumamente agudas como soprano-lixeira, o cal se pode escoitar nas súas primeiras cancións con Evanescence. Cando comezou a cantar, Amy posuía un timbre máis escuro e próximo ao dunha contralto; con todo, co tempo o seu rexistro creceu até lograr a amplitude vocal que a caracteriza.

Podemos ver a evolución en cancións como "Lithium", "Weight of The World", "Lacrymosa" e a súa interpretación con KoRn "Freak on Leash". Posúe un rexistro moi timbrado e controlado.

Amy Lee adoita vestir dun modo vitoriano marcado polo seu uso de maquillaxe e gusto pola roupa de devandito estilo. Lee tamén deseñou varias das súas pezas, incluíndo as que usou no vídeo musical de "Going Under", o seu vestido para os premios Grammy de 2004 e o que usa para a portada de The Open Door. Logo de deseñalos, escolleu o deseñador xaponés H. Naoto para confeccionalos. Nos concertos, Amy usa frecuentemente corsés, mallas, saias e botas até os xeonllos.

Amy declarou en varias ocasións que nunca mostrará o seu corpo ou fará algún truco publicitario para chamar a atención. De feito, no vídeo musical "Everybody's Fool", mófase de tales artistas implicando que as celebridades que usan o sexo para atraer ao público son "mentiras" (o tema principal de devandito vídeo musical). Moitos fans apóiana por rexeitar imitar a outras celebridades que usan a "atracción sexual" na súa música.

No 2006, a revista Blender listou a cantante como unha das mulleres máis belas do rock xunto a outras como Joan Jett, Courtney Love e Maja Ivarsson.Tamén a revista Kerrang! listouna como a muller máis sexy do rock. Foi noiva de Shaun Morgan da banda de post-grunge Seether. Esta relación terminou en moi malos termos, levando a Amy a escribir "Call Me When You're Sober".

Discografía

[editar | editar a fonte]

Evanescence

[editar | editar a fonte]
  • 1998 - Evanescence EP
  • 1999 - Sound Asleep EP
  • 2000 - Origin
  • 2003 - Mystary EP
  • 2003 - Fallen
  • 2004 - Anywhere but Home
  • 2006 - The Open Door
  • 2011 - Evanescence
  • 2016 - Lost Whispers (the ultimate collection)
  • 2017 - Synthesis
  • 2014 - Aftermath
  • 2016 - Recover, Vol. 1
  • 2016 - Dream Too Much

Colaboracións e relacionados

  • 2000 - "Breathe" - David Hodges e Amy Lee - The Summit Church: Summit Worship
  • 2000 - "Fall Into You" - David Hodges e Amy Lee - Non lanzado
  • 2003 - "Missing You" - Big Dismal e Amy Lee - Believe
  • 2003 - «My Immortal» - «Bring Me To Life» Daredevil (2003) - Soundtracks
  • 2004 - "Broken" - Seether e Amy Lee - Disclaimer II e Banda Sonora de The Punisher
  • 2005 - "Freak On A Leash" - Korn e Amy Lee
  • 2007 - «Freak on a Leash» - Korn e Amy Lee - MTV Unplugged: Korn
  • 2008 - «Sally’s Song» - Colaboración para Nightmare Revisited
  • 2011 - «Halfway Down The Stairs» - Colaboración para The Muppets - The Green Album
  • 2012 - «I'm So Lonesome I Could Cry» - Colaboración para Johnny Cash - Tribute Concert
  • 2012 - «Break In» - Halestorm e Amy Lee - The Strange Case Of...
  1. "Interview with Evanesence singer Amy Lee at gURL.com!". web.archive.org. 2006-11-04. Archived from the original on 04 de novembro de 2006. Consultado o 2018-12-16. 
  2. "Interview with Evanescence singer Amy Lee". gURL.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2006. Consultado o 2006-11-07. 
  3. Farias, Andree (2006-04-10). "Pre-Evanescence". Christianity Today (Christianity Today International). Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2006. Consultado o 2006-11-07. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2010. Consultado o 27 de maio de 2009. 
  5. "Survivor! - Blender". web.archive.org. 2010-04-14. Archived from the original on 14 de abril de 2010. Consultado o 2018-12-16. 
  6. "P's & Q's: Amy Lee Finds Solace in Marriage and Music - PopEater Music Blog". web.archive.org. 2007-10-21. Archived from the original on 21 de outubro de 2007. Consultado o 2018-12-16. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2018. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  8. https://www.nme.com/news/music/evanescence-11-1279921
  9. https://www.hollywoodreporter.com/review/evanescence-taylor-momsen-concert-review-247487
  10. aflanagan (2013-10-31). "Bicycle Music Acquires Wind-Up Records' Back Catalog, Cuts Deal with Concord Music Group (Exclusive)". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2018. Consultado o 2018-12-16. 
  11. Hartmann, Graham. "Evanescence Singer Amy Lee Reportedly Suing Record Label". Loudwire (en inglés). Consultado o 2018-12-16. 
  12. Hartmann, Graham. "Evanescence's Amy Lee Celebrates Being 'Independent Artist'". Loudwire (en inglés). Consultado o 2018-12-16. 
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2015. Consultado o 11 de agosto de 2015. 
  14. "New Special Vinyl Evanescence Boxset!". Evanescence (en inglés). 2016-09-13. Consultado o 2018-12-16. 
  15. "Vinyl Box Set Update". Evanescence (en inglés). 2016-12-09. Consultado o 2018-12-16. 
  16. "Korn y Evanescence encabezan el Festival 'Vivo X el Rock 9'". América Noticias (en castelán). Consultado o 2018-12-17. 
  17. "Shows Archive". Evanescence (en inglés). Consultado o 2018-12-17. 
  18. "Evanescence: Entrevista completa para a Aol Build Series". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-17. 
  19. https://www.list.co.uk/article/95600-evanescence-announce-uk-tour-dates-tickets-on-sale-on-fri-22-sep-at-10am/
  20. http://www.blabbermouth.net/news/evanescences-amy-lee-talks-about-lindsey-stirlings-guest-appearance-on-synthesis-video/
  21. "Evanescence’s Amy Lee: “It’s Not All Sad”". Spin. 2008-10-17. Consultado o 2018-12-16. 
  22. "Evanescence html - The Gauntlet". www.thegauntlet.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2018. Consultado o 2018-12-16. 
  23. https://www.rollingstone.com/music/music-news/evanescences-amy-lee-details-kids-album-dream-too-much-247253/
  24. "David Hodges: For The Fallen". www.davidhodges.info. Consultado o 2018-12-16. 
  25. Archive-Joe-DAngelo. "Borland, Bowie, Maynard James Keenan Ready To Unveil Hush-Hush Project". MTV News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 2018-12-16. 
  26. http://www.outoftheshadows.com/MainNavAmysStory_3-1.cfm
  27. "Amy Lee: Back in Black - Blender". web.archive.org. 2010-06-15. Archived from the original on 15 de xuño de 2010. Consultado o 2018-12-16. 
  28. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2010. Consultado o 18 de agosto de 2010. 
  29. "Elfman, Korn, Plain White T's Revisit 'Nightmare'". web.archive.org. 2010-01-30. Archived from the original on 30 de xaneiro de 2010. Consultado o 2018-12-16. 
  30. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2010. Consultado o 08 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]