Saltar ao contido

The Open Door

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Open Door
Evanescence Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Título
The Open Door (en) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
 Lista de cancións
Obras e produtos
 Formato de distribución
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
Organizacións
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
3 de outubro de 2006 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración3.255 s Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
Freebase/m/01n91rm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Spotify: 5YsmbXdv6U9FHxFoXaaof9 Apple Music: 1440634103 Last fm: Evanescence/The+Open+Door Discogs: 11018 Allmusic: mw0000445527 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Open Door é o segundo álbum de estudio da banda americana Evanescence, coa discográfica Wind-Up Records. O primeiro país no que foi publicado foi Polonia o 25 de setembro de 2006, seguido os seguintes días dos outros países, sendo o último país Estados Unidos de América o 3 de outubro dese mesmo ano. Desde que saíu á venda leva vendidas máis de 6 millóns de copias en todo o mundo.

Características

[editar | editar a fonte]

Nun principio, esperábase que o álbum fose publicado a comezos do 2006, mais a folga do guitarrista Terry Balsamo e a saída dos membros da banda Ben Moody e Tim McCord, entre outros motivos, atrasou a data ata setembro de 2006. A maioría das cancións foron escritas por Amy Lee e Terry Balsamo. Caracterízase por estar composto por letras escuras, onde o estilo predominante é rock gótico, aprécianse influencias clásicas, e tamén outros estilos como heavy metal, opera ou pop. Destaca a colaboración con The Millennium Choir nas cancións “Your Star” e “Lacrymosa”. A banda xa traballara con este coro no seu anterior álbum Fallen, en cancións coma “Whisper” e “Everybody's Fool”.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
TítuloDuración
1Sweet Sacrifice3:05
2Call Me When You're Sober3:34
3Weight Of The World3:37
4Lithium3:44
5Cloud Nine4:22
6Snow White Queen4:22
7Lacrymosa3:37
8Like You4:17
9Lose Control4:50
10The Only One4:40
11Your Star4:43
12All That I'm Living For3:48
13Good Enough5:31

A edición xaponesa conta, cunha canción máis, que é unha versión acústica de "Call Me When You're Sober". Outras cancións escritas pero que non foron incluídas na versión final do álbum foron:

  • The Last Song I'm Wasting On You
  • If You Don't Mind
  • Together Again ( publicada en 2012 co fin de recadar fondos para Haití, tralo terremoto sufrido)

Videografía e singles

[editar | editar a fonte]

O primeiro single de presentación do álbum foi “Call Me When You're Sober”. O 8 de xaneiro de 2007, publican o seu segundo single “Lithium”, e o vídeo foi dirixido por Paul Fedor. O seu terceiro vídeo foi publicado o 25 de maio de 2007, e foi dirixido por Paul R. Brown para a canción “Sweet Sacrifice”. O último single do álbum foi para a canción “Good Enough” , e foi publicado o 11 de setembro de 2007.

Ademais disto, en outubro de 2007, “Weight of The World” foi single promocional só en Colombia.