Amencer Dourado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira do partido.

Amencer Dourado (en grego: Χρυσή Αυγή, Chrysí Avgí; ás veces traducido como Alba Dourada ou Aurora Dourada), cuxo nome oficial é Asociación Popular - Amencer Dourado (en grego: Λαϊκός Σύνδεσμος - Χρυσή Αυγή, Laïkós Sýndesmos - Chrysí Avgí) é un partido político grego de ideoloxía neonazi[1][2] e fascista, encabezado por Nikolaos Michaloliakos, un exmilitar que formou parte do corpo de paracaidistas do exército grego e que en 1978 foi detido por posesión ilegal de armas e explosivos.

Os seus membros expresan a súa admiración polo exditador Ioannis Metaxás, que gobernou Grecia dende 1936 até 1941, e pola Ditadura dos Coroneis. Os seus deputados, no parlamento, foron filmados gritando consignas nazis.[3][4] O grupo é de carácter racista e xenófobo, en tanto que o líder do partido identificouno abertamente como nacionalista, racista e en contra da inmigración.

O partido realizou unha campaña previa ás eleccións gregas de maio de 2012, sobre a base do preocupante alto desemprego, a austeridade e a economía, así como unha virulenta retórica contra a inmigración, a través da cal obtivo un significativo aumento do electorado grego.[5]

Amencer Dourado accedeu entón por primeira vez no Consello dos Helenos (parlamento grego), obtendo 21 deputados e o 7 % dos votos.[6] Tras as eleccións do mes seguinte, obtivo practicamente o mesmo resultado, o 6,9 % dos votos, pero perdendo tres escanos, quedando representado finalmente con 18 deputados.[7]

En setembro de 2013, por mor dunha investigación en torno ó asasinato do músico antifascista Pavlos Fyssas, a Fiscalía Xeral de Grecia emitiu 38 ordes de arresto contra diversos membros do partido. Varios membros da organización foron detidos pola policía antiterrorista acusados de formar unha organización criminal, entre eles o seu líder Nikolaos Michaloliakos, e uns quince deputados.[8] A fiscalía acusounos de dez asasinatos —en grao de tentativa ou comisión— ataques con explosivos, agresións e delitos financeiros.[9][10] Representantes do partido rexeitaron a súa relación co crime e dixeron que as detencións eran unha violación da Constitución por parte dun «sistema político corrupto» que temía o ascenso da súa organización nas enquisas.[11] O xuízo comezou o 20 de abril de 2015.[12]

En novembro de 2013 foron asasinados dous membros de Amencer Dourado, fronte a unhas oficinas en Atenas, o que máis tarde foi reivindicado por un grupo chamado Forzas Revolucionarias da Loita Popular.[13][14]

Nas eleccións ó Parlamento Europeo de 2014 obtivo un 9,4 % dos votos, converténdose no terceiro partido de Grecia.[15] Nas eleccións parlamentarias de xaneiro de 2015, quedou de novo como terceira forza cun 6,3% dos votos, perdendo só un escano respecto das anteriores eleccións parlamentarias, a pesar de ter a toda a súa cúpula no cárcere.[16] Nas eleccións parlamentarias de setembro de 2015, obtivo por terceira vez o terceiro posto cun 7% dos votos, gañando un escano adicional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tsatsanis, Emmanouil (2011). "Hellenism under siege: the national-populist logic of antiglobalization rhetoric in Greece". Journal of Political Ideologies 16 (1): 11–31. doi:10.1080/13569317.2011.540939. ...and far right-wing newspapers such as Alpha Ena, Eleytheros Kosmos, Eleytheri Ora and Stohos (the mouthpiece of ultra-nationalist group Chrysi Avgi). 
  2. Ivarsflaten, Elisabeth (2006). Nuffield College, University of Oxford, ed. "Reputational Shields: Why Most Anti-Immigrant Parties Failed in Western Europe, 1980–2005" (PDF): 15. 
  3. "'Heil Hitler' en el Parlamento heleno". 
  4. "Diputados griegos expulsados del parlamento al grito de "Heil Hitler"". 
  5. "Q&A: Greece's Golden Dawn". Al Jazeera. 
  6. "Rise of the Greek neo-Nazis: Ultra-right party Golden Dawn wants to force immigrants into work camps and plant landmines along Turkish border". Daily Mail. 
  7. "Los griegos votan por el rescate". El País. 
  8. Helena Smith. "Golden Dawn leader Nikolaos Michaloliakos arrested". The Guardian. Greek anti-terror police hold leader and senior members of far-right party on charges of forming a criminal organisation 
  9. "Εγκληματική οργάνωση η Χρυσή Αυγή - Συνελήφθησαν Μιχαλολιάκος, Κασιδιάρης, Παναγιώταρος, Λαγός, Μίχος". TO BHMA. 
  10. "La policía griega detiene al líder y al portavoz del partido ultra Aurora Dorada". El País. 
  11. "Amanecer Dorado cree ilegal la detención de su cúpula". La Vanguardia. 
  12. "Golden Dawn leaders' trial adjourned until next week". 
  13. [1]
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 08 de marzo de 2017. 
  15. "Αποτελέσματα Επικράτειας". 
  16. "Tsipras toma posesión tras pactar con ANEL el apoyo para su gobierno". El País. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]