Nikolaos Michaloliakos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nikolaos Michaloliakos
Michaloliakos Nikolaos GD b.jpg
Nacemento11 de decembro de 1957
 Atenas
NacionalidadeGrecia
EtniaGregos
Alma máterUniversidade de Atenas
Ocupaciónpolítico, escritor e militar
CónxuxeEleni Zaroulia
editar datos en Wikidata ]

Nikolaos G. Michaloliakos (en grego:Νικόλαος Γ. Μιχαλολιάκος), nado en Atenas o 16 de decembro de 1957, é o líder do partido de extrema dereita Amencer Dourado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 16 anos uniuse ao nacionalista Partido do 4 de agosto de Konstantinos Plevris,, ao tempo que formaba parte da organización local do grupo paramilitar EOKA-B. Arrestado por vez primeira en xullo 1974 durante unha protesta nas portas da embaixada británica, organizada pola postura do Reino Unido na invasión turca de Chipre.[1] En decembro de 1976 arrestárono de novo por agredirlles aos xornalistas que cubrían o funeral de Evangelos Mallios, un policía que presuntamente realizara torturas durante o Réxime dos Coroneis, e que fora asasinado pola Organización Revolucionaria 17 de novembro, non obstante liberárono por mor de problemas técnicos relacionados co seu arresto.[1][2] Mentres estivo na cadea, Michaloliakos coñeceu aos dirixentes da xunta militar que gobernara o país entre 1967 e 1974.[1] Despois entrou no exército, uníndose ás forzas especiais.[3] En xullo de 1978 a policía arrestouno de novo tras unirse a un grupo extremista acusado de posuír ilegalmente armas e explosivos.[1] Como consecuencia da condena botárono do exército.

Tras saír do cárcere lanzou a revista Chrysi Avgi ("Amencer Dourado"), inicialmente a revista mantiña unha posicións moi próximas ao nacional-socialismo.[1] A publicación cesou en abril de 1984 ao unirse Michaloliakos á Unión Política Nacional, e por indicación do seu líder Georgios Papadopulos[3] fíxose cargo das súas mocidades. En xaneiro 1985 rompeu coa UPN e fundou o "Movemento Nacional Popular - Amencer Dourado", manténdose como o seu líder ata que o partido suspendeu as súas actividades en novembro de 2005.[4] Tomou a decisión debido a enfrontamentos con antifascistas.[4] Entre 2005–2007 el e a maioría dos antigos membros de Amencer Dourado participaron na Alianza Patriota.[1] En 2007 Amencer Dourado reasumiu as súas actividades, de novo baixo o seu liderado .

En maio 2012, o seu partido logrou 21 asentos no Parlamento, un deles o seu, durante unhas eleccións centradas na crise económica e nas que Michaloliakos se viu envolto en varias controversias, atraendo a atención internacional e con frecuencia condenas das súas posicións. En especial salientou a súa denegación da existencia de cámaras de gas utilizadas polos nazis durante a II Guerra Mundial para asasinar xudeus, homosexuais e outros grupos.[5] Despois dos bos resultados nas eleccións afirmou "Témannos, xa chegamos"[6]

Arresto[editar | editar a fonte]

Logo do apuñalamento mortal do rapeiro antifascista e antirracista Pavlos Fyssas o 17 de setembro 2013, arrestouse a Michaloliakos o 28 de setembro, canda moitos outros membros do seu partido con cargos de estaren implicados nunha organización criminal, considerada responsable de asasinato, extorsión, e implicación na desaparición de ata 100 inmigrantes. Tras 18 meses de detención provisoria, o máximo permitido, liberouse a Michaloliakos, que permanece baixo arresto domiciliario, aínda que con potestade para poder asistir ás sesións parlamentarias.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Εχθροί του Καθεστώτος (Inimigos do sistema), ensaio 2000
  • Εναντίον Όλων (Contra todos), selección de artigos, 2001
  • Οι Τελευταίοι Πιστοί (Os derradeiros crentes), ensaio, 2002
  • Για μια Μεγάλη Ελλάδα σε μια Ελεύθερη Ευρώπη (Por unha gran Grecia nunha Europa libre), ensaio 2000
  • Περικλής Γιαννόπουλος: Ο Απολλώνιος Λόγος, ensaio sobre o arquitecto Pericles Giannopoulos, 2006
  • Η Εξομολόγηση ενός Εθνικού (A confesión dun nacionalista), selección de poemas, 1980 (reimpresión 2008)
  • Από τις Στάχτες του Βερολίνου στην Παγκοσμιοποίηση (Das cinzas de Berlín á Globalización), ensaio, 2008
  • Υπερασπίζοντας την Εθνική Μνήμη (Defendendo a memoria nacional), ensaios 2009

Notas[editar | editar a fonte]