Antonio Agustín
Antonio Agustín | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de febreiro de 1517 |
Lugar de nacemento | Zaragoza |
Falecemento | 31 de maio de 1586 |
Lugar de falecemento | Tarragona |
Nacionalidade | Coroa de Aragón e España |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidade de Salamanca e Universidade de Alcalá |
Ocupación | Auditor do tribunal romano da Rota. Bispo de Alife e Lleida, e arcebispo de Tarragona. |
Pai | Antoni Agustí y Siscar |
Irmáns | Jeroni Agustí e Pere Agustí i Albanell |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Agustín Albanell, nado en Zaragoza o 26 de febreiro de 1517, e finado en Tarragona o 31 de maio de 1586, foi un eclesiástico e humanista aragonés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudoso do dereito e as humanidades, proveniente dunha familia que ocupou importantes postos na administración pública e na carreira eclesiástica, o seu cursus honorum comezou no eido civil e rematou no eclesiástico. Foi auditor do Tribunal da Rota Romana, nuncio do Papa en Inglaterra e no Sacro Imperio, participou no Concilio de Trento, e foi sucesivamente bispo de Alife, de Lleida e arcebispo de Tarragona.
Especialista en historia do dereito, tanto civil coma eclesiástico, con importantes achegas na tarefa de fixar os textos orixinais, destacou na historia do dereito canónico, onde os seus estudos foron moi valorados no seu tempo.[1] Foi dos primeiros estudosos en considerar a numismática e a epigrafía como auxiliares da historia.[2] Para realizar as edicións críticas das compilacións de dereito civil romano e dereito eclesiástico, formou unha importante colección de manuscritos, tanto gregos como latinos, converténdose nun destacado bibliófilo, posuidor dunha completa biblioteca humanística que puxo a disposición doutros humanistas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Peset Reig 1996: p. 67.
- ↑ Carbonell Manils 1993.