Saltar ao contido

Amaranthus albus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amaranthus albus é unha especie pioneira da familia Amaranthaceae orixinaria de América do Norte, pero que se expandiu en varias partes do mundo.[1]

Inflorescencias.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha planta herbácea, anual, con talos erectos ou rastreiros, que poden alcanzar entre 10 a 70 cm de altura. As follas son alternadas, redondeadas, ovaladas a espatuladas, pecioladas, de 5 a 50 mm de lonxitude. As inflorescencias son axilares (ou sexa, nacen nas axilas das follas) e cimosas, rodeadas de brácteas de 2 a 3,5 mm de cor verde. É unha especie monoica, as flores masculinas presentan tres sépalos e 3 estames. As femininas, tamén trímeras, cos tépalos desiguais e agudos. O froito é un pixidio, un froito seco similar a unha cápsula. As sementes teñen aproximadamente 1 mm de ancho e son de cor vermella-marrón a negro. O número cromosómico somático é 2n=32.[2][3]

Cando os froitos maduran, o talo crébase preto da súa base e a planta enteira é transportada por acción do vento, distribuíndo dese modo as pequenas sementes até sitios moi afastados.[1]

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

É orixinaria das rexións tropicais de América do Norte, pero distribuíuse ao longo de todo o mundo, incluíndo África, América do Sur, Australia e Europa, onde se transformou en maleza en lugares ruderais, camiños e campos cultivados, en alturas de máis de 2200 m s. n. m..[4]

As follas son comestibles cocidas e coas sementes faise fariña.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Amaranthus albus foi descrito por Rodschied ex F.Dietr. e publicado en Vollständiges Lexicon der Gärtnerei und Botanik ed. 2, 1: 196. 1824. [5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O epíteto específico vén do latín albus significa "branco".

  • Amaranthus albus var. albus
  • Amaranthus albus var. monosepalus
  • Amaranthus albus var. parviflorus
  • Amaranthus albus var. puberulus
  • Amaranthus albus var. rubicundus
  • Amaranthus gracilentus
  • Amaranthus graecizans var. pubescens
  • Amaranthus littoralis
  • Amaranthus pubescens
  • Euxolus albidus
  • Galliaria albida
  • Glomeraria alba
  1. 1,0 1,1 Amaranthus albus L. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2023. 
  2. Amaranthus albus (Amaranthaceae).
  3. Amaranthus albus Linnaeus. Flora of North America Vol. 4 Páx. 435.
  4. 4,0 4,1 Eduardo., Rapoport, (2009). Malezas comestibles del Cono Sur y otras partes del planeta. Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria. ISBN 978-987-25050-9-7. OCLC 768841913. Consultado o 2022-09-24. 
  5. "Amaranthus albus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 20 de outubro de 2012. 
  6. GBIF Amaranthus albus

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]