Especie pioneira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha especie pioneira ou oportunista é aquela especie resistente que inicia a colonización dun lugar como a primeira etapa dunha sucesión ecolóxica.

Adoitan ser seres vivos fotosintéticos, xa que son os organismos iniciais de calquera cadea trófica.

Teñen unha gran valencia ecolóxica, pois téñense que adaptar a condicións pouco favorables para a perpetuación de calquera ser vivo. Debido a esta facultade, son especies eurióicas (ou xeralistas), son moi tolerantes ás variacións das condicións do medio, pero o número de individuos non adoita ser moi elevado.

Desenvolvemento das especies pioneiras no ecosistema[editar | editar a fonte]

Nas sucesións primarias as especies pioneiras comezan a estenderse polo chan a partir dun terreo completamente infértil, como podería ser unha rocha que aflorou á superficie ou unha illa volcánica que xurdiu no mar. En cambio, nas sucesións secundarias, as especies pioneiras comezan a estenderse nun lugar que sufriu unha perturbación que levou a unha regresión do ecosistema (por exemplo un incendio ou unha praga) pero que conserva o solo ben desenvolvido cun bo número de sementes polo que adoitan ser sucesións máis curtas cás primarias.

Exemplos de especies pioneiras[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.