Subrexión de Douro
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Portugal | ||||
| NUTS 1 | Portugal continental | ||||
| Rexión | Rexión Norte | ||||
| Capital | Vila Real | ||||
| Xeografía | |||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Código NUTS | PT11D | ||||
Douro é unha subrexión (ou comunidade intermunicipal) da Rexión Norte de Portugal —unha rexión estatística de nivel III (NUTS III)— coordinada pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está constituída polos concellos pertencentes aos distritos de Braganza, Vila Real, Viseu e Guarda.
Limita ao norte coa subrexión de Alto Tras os Montes, ao leste con España, ao sur coas subrexións de Beira Interior Norte e Dão-Lafões, e ao oeste coa subrexión de Támega.
Ocupa unha extensión de 4 112 km² e en 2011 tiña unha poboación de 205 902 habitantes.[1]
Concellos
[editar | editar a fonte]Comprende 19 concellos:
- Alijó
- Armamar
- Carrazeda de Ansiães
- Freixo de Espada à Cinta
- Lamego
- Mesão Frio
- Moimenta da Beira
- Murça
- Penedono
- Peso da Régua
- Sabrosa
- Santa Marta de Penaguião
- São João da Pesqueira
- Sernancelhe
- Tabuaço
- Tarouca
- Torre de Moncorvo
- Vila Nova de Foz Côa
- Vila Real
Vila Flor pasou a formar parte da subrexión de Alto Tras os Montes.
