Serra da Padrela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°33′06″N 7°29′21″O / 41.55167, -7.48917

Vista panorámica da Serra da Padrela.

A Serra da Padrela é unha elevación montañosa do Portugal Continental, de 1 146 m de altitude máxima.

Está situada no Alto Trás-os-Montes, nos concellos de Vila Pouca de Aguiar e Valpaços, Distrito de Vila Real.

Historia[editar | editar a fonte]

En 2015 João Fonte e José Manuel Costa-García publicaron un artigo na revista Estudos do Quaternário (editada pola Associação Portuguesa para o Estudo do Quaternário) no que realizan un estudo monográfico dun sitio arqueolóxico localizado na vertente oriental da serra da Padrela, que era xa coñecido no norte de Portugal (no concello de Valpaços, freguesía de Padrela e Tazém, limítrofe co concello de Vila Pouca de Aguiar) no que se propón unha reinterpretación do sitio como asentamento militar romano directamente asociado ao "distrito mineiro" de Tresminas,[1] un territorium metallorum dos romanos.[2]

Esta hipótese xa fora proposta polo arqueólogo Francisco Sande Lemos na súa tese de doutoramento sobre o poboamento romano do Tras-os-Montes Oriental, mais nunca fora debidamente investigada e fundamentada.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fonte, João Fonte e Costa-García, José Manuel (2015): "Alto da Cerca (Valpaços, Portugal): um assentamento militar romano na Serra da Padrela e sua relação com o distrito mineiro de Tresminas", Estudos do Quaternário 15: 27-38. Resume.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]