Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede da CCDR-N.

A Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Porugal, Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR Norte ou CCDR-N) en portugués, é unha das cinco Comisións de Coordinación e Desenvolvemento Rexional nas que se divide o territorio do Portugal continental para executar medidas favorábeis para o desenvolvemento da rexión.

É unha institución pública cuxa función é visar o desenvolvemento integrado e sustentábel do Norte de Portugal, contribuíndo á competitividade e cohesión do territorio nacional portugués. Foi creada, como as outras catro, polo decreto-lei 104/2003 do goberno da República Portuguesa,[1] e está dotada dunha certa autonomía administrativa e financeira.

A súa sede está na cidade do Porto, no Palacete do Campo Alegre, Massarelos, rua Rua Rainha D. Estefânia, 251, e o Gabinete Técnico Missão Douro, no edificio do Goberno Civil de Vila Real.[2] O seu actual presidente é Carlos Cardoso Lage.

Competencias[editar | editar a fonte]

Xunto coa competencia de executar as políticas de ambiente, ordenación do territorio e cidades e de desenvolvemento rexional na Rexión Norte (NUTS II), a CCDR-N ten tamén co mo misión promover a actuación coordinada dos servizos descentralizados de ámbito rexional –en coordinación cos membros dos gobernos responsábeis dos respectivos entes territoriais– e apoiar tecnicamente ás autarquías locais e ás súas asociacións.

Compete, así mesmo, á CCDR-N a xestión de programas comunitarios procedentes de fondos da Unión Europea destinados a Portugal e doutros instrumentos de financiamento do desenvolvemento rexional,[3] dos que son exemplo os incentivos do Estado aos medios de comunicación social de nivel local e rexional. Entre as súas atribucións está tamén a misión de protexer, conservar, valorizar, divulgar e promover a Paisagem Cultural, Evolutiva e Viva do Alto Douro Vinhateiro, Patrimonio Mundial da UNESCO.[3]

Relacións con Galicia[editar | editar a fonte]

A vocación da CCDR-N en cooperación territorial europea remóntase ao inicio da década de 1980 e gaña dimensión e relevancia coas rexións adxacentes de España, coas que se constituíron espazos territoriais crecentemente integrados desde o punto de vista económico e social, especialmente con Galicia, un dos principais socios comerciais de Portugal, sendo destacábel a constitución da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, máis tarde consolidada pola creación da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, órgano dirixido a potenciar os recursos comúns dos territorios.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Palmeiro Piñeiro, José Luis & Pazos Otón, Miguel (2008): "La Eurorregión Galicia-norte de Portugal: una aproximación a la movilidad en el contexto ibérico", in Estudios Geográficos, 69, Nº 264, paxs. 215-245. PDF

Outros artigos[editar | editar a fonte]