Alliance Niyigena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlliance Niyigena
Biografía
Nacemento1992 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Ruanda
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor em Wikidata

Alliance Niyigena, nada na Ruanda en 1992, é unha enxeñeira norueguesa, ten o dobre grao de enxeñaría eléctrica e enxeñaría mecánica, investigadora no campo da enerxía e a mobilidade, en novas fontes de enerxía para conseguir unha transición enerxética dos combustibles fósiles a fontes de enerxía sustentables.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alliance Niyigena é filla dunha profesora e dun médico que debido á guerra (Xenocidio de Ruanda) tiveron que abandonar o país. Camiñaron durante oito meses e percorreron 8000 Quilómetros desde Ruanda, a través da República Democrática do Congo, até a República Centroafricana, para escapar dun xenocidio e tratar de conseguir un futuro mellor. A familia foi recollida pola Cruz Vermella, a súa nai estaba embarazada e ela tiña un ano e medio, quen os considerou unha familia vulnerable e ofreceulles a posibilidade de solicitar asilo político en Noruega.[2]

Aos 15 anos gaña unha bolsa estatal norueguesa para estudar o Ensino secundario en Francia, finalizado este ciclo académico trasladouse á Universidade de Edimburgo para cursar os estudos de enxeñaría, onde obtivo o dobre grao de enxeñaría eléctrica e enxeñaría mecánica.

Considerase inmigrante, viviu entre dúas culturas, a norueguesa e na ruandesa; valora a diversidade de culturas e persoas coas que coincidiu que lle permitiron explorar as diferenzas culturais que lle permitiron crecer en experiencias e en sabedoría.

Carreira[editar | editar a fonte]

O percorrido profesional como investigadora levou a Alliance Niyigena a traballar e estudar en diferentes proxectos e en diferentes países, no campo relacionado con enerxía e mobilidade.

En Edimburgo, foi Presidenta da Sociedade de Enxeñaría Civil (2016/17).

Pertence desde 2018 ao Barcelona Hub, que está formado por 30 membros que constitúen un equipo multidisciplinar de científicos, emprendedores, artistas, avogados e psicólogos.[3]

Foi unha do cincuenta gañadoras dunha bolsa Saltire Scholar (2018), estas bolsas permiten un ano de estudos superiores en calquera das universidades dos países: os Estados Unidos, o Canadá, a India, a China, Paquistán e o Xapón; os académicos elixidos Saltieres están considerados como embaixadores de Escocia.[4]

En 2020 gana a bolsa Schwarzman (financiada na Universidade de Tsinghua en Beijing), sendo a primeira alumna de enxeñaría da Universidade de Edimburgo en conseguilo.

Xefa do equipo Hyperloop de Elon Musk da Universidade de Edimburgo (2019/20), coñecido como HYPED é un proxecto de transporte para persoas e mercadorías que consiste en desenvolver uns tubos de aceiro ao baleiro en cápsulas que levitan magnéticamente.[5]

Desde 2020 é investigadora no Centro de Microelectrónica de Barcelona, dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), dedicado ao desenvolvemento de novas micro e nanotecnoloxías, compoñentes e sistemas, onde desenvolve unha pila para dispositivos que se carga con fluídos corporais, como sangue ou suor.[6] “Se queremos seguir vivindo como até agora, temos que atopar formas de xerar enerxía máis sustentables e eficientes. Imos necesitar cada día máis e máis enerxía, e sería enormemente útil se chegamos a xerar parte desta enerxía no corpo humano, particularmente para alimentar pequenos dispositivos eléctricos” “Sería ideal porque temos moita enerxía e estámonos movendo todo o día”.[2] En 2021 Alliance Niyigena foi distinguida cunha portada de Telos, a revista de tecnoloxía da Fundación Telefónica.

Alliance Niyigena tivo entre os seus propósitos facilitar cos seus coñecementos soluciones de enerxía sustentable, desenvolvemento de infraestruturas e educación aos países emerxentes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]