Alfonso López Michelsen
(1977) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de xuño de 1913 Bogotá |
| Morte | 11 de xullo de 2007 Bogotá |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | Cemiterio Central de Bogotá |
| Presidente de Colombia | |
| 7 de agosto de 1974 – 7 de agosto de 1978 ← Misael Pastrana Borrero – Julio César Turbay Ayala → | |
| Ministro das Relações Exteriores da Colômbia (pt) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Universidade do Rosario |
| Actividade | |
| Ocupación | diplomático, columnista, xurista, político, profesor universitario, avogado, escritor |
| Partido político | Partido Liberal Colombiano |
| Familia | |
| Cónxuxe | Cecilia Caballero Blanco |
| Fillos | Alfonso López Caballero, Felipe López Caballero |
| Pais | Alfonso López Pumarejo |
| Premios | |
Alfonso Antonio Lázaro López Michelsen, nado en Bogotá o 30 de xuño de 1913 e finado en Bogotá o 11 de xullo de 2007, foi un político liberal, avogado, catedrático e columnista colombiano. Fillo do presidente de Colombia Alfonso López Pumarejo, avogado da Universidade do Rosario, foi elixido Presidente de Colombia no período 1974-1978 polo Partido Liberal.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alfonso López Michelsen estudou a primaria no Ximnasio Moderno de Bogotá, para logo estudar en Europa, en colexios de Bélxica, o Reino Unido e Francia, particularmente en Lille, onde obtivo o seu grao de bacharel.[2][3] Logo estudou na Universidade do Rosario, obtendo o título de avogado. Posteriormente fixo estudos de especialización na Universidade de Chile e de posgrao en Dereito Público e Constitucional na Universidade de Georgetown, para daquela ser profesor de Dereito constitucional na Universidade Libre (Colombia).[2][3]
Foi o primeiro dos fillos do dúas veces presidente de Colombia Alfonso López Pumarejo e da súa esposa María Michelsen Lombana, sendo o maior dos homes. Os seus irmáns foron María, Pedro, María Mercedes e Fernando López Michelsen. Foi neto dos empresarios Pedro Aquilino López e Sinforoso Pumarejo Quirós, e tataraneto, polo lado paterno, do artesán e político Ambrosio López Pinzón (1809-1897) e por parte materna de Bernardina Ibáñez, coñecida na historia de Colombia polos seus amores co libertador Simón Bolívar.
Alfonso López Michelsen contraeu matrimonio o 23 de outubro de 1938 en Bojacá (Cundinamarca) con Cecilia Caballero Blanco, filla de Julio Caballero Barrera e de Mary Blanco Barroso. Tivo tres fillos froito do seu matrimonio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2019.
- 1 2 "Alfonso López Michelsen 1913 - 2007 - Archivo Digital de Noticias de Colombia y el Mundo desde 1.990 - eltiempo.com". eltiempo.com. Consultado o 10 de outubro de 2016.
- 1 2 "López Michelsen, Alfonso | banrepcultural.org". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2016.