A Universidade do Rosario (oficialmente Colexio Maior da nosa Señora do Rosario), é unha universidade privada que se atopa en Bogotá, Colombia, suxeita a inspección e vixilancia por medio da Lei 1740 de 2014 e a lei 30 de 1992 do Ministerio de Educación de Colombia. Foi fundada en 1653 por Frei Cristóbal de Torres e conta cunha destacada historia dentro do eido político, económico e científico do país.
A Universidade do Rosario conta con acreditación Institucional de alta calidade por 8 anos, outorgada por parte do Ministerio de Educación Nacional e o Consello Nacional de Acreditación. Así mesmo, dende 2018 atópase acreditada institucionalmente, por cinco anos, pola Axencia Europea de Aseguranza da Calidade (EQAA). É unha das mellores universidades de Colombia e Latinoamérica segundo o QS Universities Rankings, que na súa versión rexional de 2017 sitúaa no posto 46, e no top 10 das institucións a nivel nacional. Na máis recente versión do QS Ranking by Subject, a Universidade do Rosario destacou en xurisprudencia e medicina, disciplinas que se sitúan no top cinco a nivel Colombia.