Alexandre de Serpa Pinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexandre de Serpa Pinto
AlexandreSerpaPinto.jpg
Alexandre de Serpa Pinto
Nome de nacemento Alexandre Alberto da Rocha de Serpa Pinto
Nacemento 20 de abril de 1846
Lugar Cinfães
Falecemento 28 de decembro de 1900
Lugar Lisboa
Nacionalidade Portugal
Ocupación explorador
Premios Founder’s Medal e Grande Médaille d'Or des Explorations
editar datos en Wikidata ]

Alexandre Alberto da Rocha de Serpa Pinto, nado o 20 de abril de 1846 e finado o 28 de decembro de 1900, foi un explorador e administrador colonial portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no Colexio Militar con dez anos e aos dezasete tornouse no seu primeiro Comandante de Batallón de alumnos.

Serpa Pinto viaxou ata África oriental en 1869 nunha expedición ao río Zambeze. En 1877 explorou a zona entre a costa oeste de Angola e a costa leste de Mozambique, conducindo unha expedición que partiu de Benguela (Angola) e na que figuraban tamén Hermenegildo Capelo e Roberto Ivens. A expedición terminou en 1879 e atravesou as cuncas do río Congo e do Zambeze, Angola e partes das actuais Zambia, Zimbabwe e África do Sur; era a cuarta travesía africana entre o Atlántico e o Índico. De novo entre 1884 e 1885, outra vez con Capelo, cruzou de Angola a Mozambique.

A expedición de Serpa Pinto tiña como obxectivo facer o recoñecemento do territorio e efectuar o levantamento do mapa do interior do continente africano, para demarcar a zona que Portugal reclamaría para si a través do chamado "mapa cor-de-rosa"; esta intención fallou despois do ultimato británico de 1888.

Foi nomeado cónsul-xeral para o Zanzibar en 1887 e gobernador-xeral de Mozambique en 1889. No desempeño do cargo, a continuación de actividades colonizadoras a prol de Portugal, abriu un conflito co Reino Unido.