Alexandre I de Serbia
Non confundir con Alexandre I de Iugoslavia
(1900) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de agosto de 1876 (Xuliano) Belgrado |
| Morte | 29 de maio de 1903 (Xuliano) Belgrado |
| Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Igreja de São Marcos (Belgrado) (pt) |
| Rei | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Outro | |
| Título | Rei de Serbia |
| Familia | Casa de Obrenović (pt) |
| Cónxuxe | Draga Mašin (1900, 1900–1903) |
| Pais | Milan I da Sérvia |
| Irmáns | George Obrenovic |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Alexander I. |
Alexandre I ou Alexandre Obrenović (en cirílico serbio: Александар Обреновић), nado en Belgrado o 14 de agosto de 1876 e finado na mesma cidade o 11 de xuño de 1903, foi o último rei de Serbia da dinastía Obrenović. Reinou entre a abdicación do seu pai en 1889 e o seu asasinato, cometido en 1903.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]Alexandre era o fillo máis vello do rei Milan I de Serbia e da súa esposa, Natalija Obrenović. O seu pai pertencía á dinastía Obrenović, que gobernara Serbia con grandes dificultades, debido principalmente á oposición dun clan rival, os Karageorgevic.
Reinado
[editar | editar a fonte]Alexandre ascendeu ao trono serbio trala inesperada abdicación do seu pai, Milan I en 1889. A súa nai, a raíña Natalija asumiu a rexencia durante a minoría de idade do seu fillo, que en 1893 autoproclamouse maior de idade asumindo a coroa, e ao ano seguinte decidiu abolir arbitrariamente a Constitución liberal de 1889 promulgada polo seu pai, e restaurou a de 1869.[1]
Durante a guerra greco-turca de 1897 mantivo unha estrita neutralidade. Ese mesmo ano chamou a Serbia ao seu pai, que se atopaba no exilio, e en 1898 nomeouno comandante en xefe do Exército serbio. Durante esta época, Milan foi considerado o gobernante de facto do país.
Matrimonio e colapso da monarquía
[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Asasinato de Alexandre I de Serbia.
O 5 de agosto de 1900 Alexandre I contraeu matrimonio con Draga Mašin,[2] antiga dama de compañía da súa nai, a raíña Natalija,[3] afrontando a oposición dos seus pais e do seu gabinete de goberno. A raíña nai Natalija opúxose firmemente a aquel matrimonio entre o seu fillo e unha prevexa, e por ese motivo tivo que exiliarse. O rei Milan pola súa banda, que no momento do compromiso atopábase en Carlsbad (actual Karlovy Vary) facendo xestións para casar ao seu fillo cunha princesa alemá, e o primeiro ministro, Vladan Đorđević, que estaba a visitar a Exposición Universal de París, expresaron a súa oposición dimitindo dos seus cargos respectivos. Desde ese momento, Alexandre tivo grandes dificultades para formar un novo goberno. A oposición contra a voda só se tranquilizou un tanto cando o tsar Nicolao II de Rusia enviou as súas felicitacións ao rei de Serbia, aceptando ser a principal testemuña da súa voda.
A pesar de todo, o matrimonio debilitou a posición do rei ante o Exército e o pobo.[1] Desde o momento no que se anunciou a voda, a opinión pública volveuse na súa contra. Percibíase a Alexandre como un mozo totalmente seducido por unha muller moito maior que el. Moitas persoas xulgaron que gran parte dos erros do rei Alexandre debíanse á nefasta influencia da súa esposa. Houbo mesmo rumores de que Alexandre, que non tiña fillos, nomearía sucesor ao trono ao seu cuñado, o irmán da raíña Draga.
Este último xesto foi a pinga que colmou o vaso. O 10 de xuño de 1903 tivo lugar un golpe de estado en Belgrado, e ás dúas da mañá do día 11 o palacio real foi asaltado por un grupo de oficiais do exército.[4] Curiosamente, o líder dos insurrectos era o irmán do defunto primeiro marido da raíña Draga.[5] Tras pasar horas escondidos no vestidor da raíña, os asaltantes, un grupo de conspiradores suntuosamente pertencentes ao grupo Unificación ou Morte capturaron á parella real, que foi brutalmente asasinada.[5] Os seus corpos mutilados foron guindados polo balcón. O golpe fora planificado durante dous anos por oficiais do Exército e contaba co beneplácito dos principais políticos e da opinión pública en xeral.[5]
Tras o sanguento fin da dinastía Obrenović, a dinastía rival, os Karađorđević, ascenderon ao trono serbio.[5]
Distincións honoríficas
[editar | editar a fonte]- Soberano Gran mestre da Orde de Takovo (Reino de Serbia, 06/03/1889).

- Soberano Gran mestre da Orde da Aguia Branca (Reino de Serbia, 06/03/1889).

- Soberano Gran mestre da Orde de San Sava (Reino de Serbia, 06/03/1889).

- Cabaleiro Gran colar da Orde do Santo Príncipe Lázaro (Reino de Serbia, 28/06/1889).
- Soberano Gran mestre (e fundador) da Orde de Miloš o Grande (Reino de Serbia, 11/12/1898).

- Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (Reino de Italia).

Devanceiros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Hoptner 1962, p. 247.
- ↑ Vucinich 2006, p. 12.
- ↑ Clark 2014, p. 38.
- ↑ Clark 2014, p. 33.
- 1 2 3 4 Hoptner 1962, p. 248.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexandre I de Serbia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clark, Cristopher (2014). Sonámbulos. Como Europa fue a la guerra en 1914. Barcelona: Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores. ISBN 978-84-672-5801-1.
- Hoptner, J. B. (1962). Yugoslavia In Crisis 1934-1941 (en inglés). Columbia University Press. p. 328. OCLC 404664.
- Vucinich, Wayne S. (2006). Serbia Between East and West. The Events of 1903-1908 (en inglés). ACLS History E-Book Project. p. 324. ISBN 9781597402422.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Milan I |
Rei de Serbia 1889 - 1903 |
Sucesor: Pedro I |