Alessandra Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alessandra Aguilar
Alessandra Aguilar.jpg
Nacemento1 de xullo de 1978
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmaratonista e atleta
editar datos en Wikidata ]

Alessandra Aguilar Morán, nada o 1 de xullo de 1978 en Lugo, é unha fondista galega[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi campioa de Europa na categoría Júnior, e na categoría Promesa gañou o Campionato de España de 5.000 metros en pista, o Triangular Gran Bretaña-España-Francia de 3.000 metros, e varios Campionatos de España Universitarios de 5.000, entre outros. Xa na categoría absoluta, ten participado en diversas probas coma os Campionatos de Europa de Medullín, Edimburgo e Useedom, o Campionato do Mundo de San Galmier e o de Fukuoka, ou o maratón de Rotterdam[2].

Tamén correu o maratón feminino dos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde quedou no posto 26º cun tempo de 2:29'19"[3], sendo a mellor clasificada das tres españolas que competían, e mellorando a súa marca dos Xogos de Pequín, onde fixera un tempo de 2:39'29" (posto 54). No Campionato Mundial de Atletismo de 2013 quedou 5ª na proba de maratón, cun tempo de 2:32'38".

No maratón dos Xogos de Río 2016 abandonou no quilómetro 27.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha Ficha na páxina do Comité Olímpico Español (en castelán).
  2. Currículum deportivo de Alessandra Aguilar. Principais participacións ata 2008.
  3. Resultados oficiais do maratón feminino. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]