Alejandro Porto Leis
Alejandro Porto Leis | |
---|---|
![]() Alejandro Porto Leis coa súa muller, retrato en Vida Gallega, 1934. | |
Nacemento | 1887 |
Serantes | |
Falecemento | 3 de febreiro de 1938 |
Valdoviño | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alejandro Porto Leis, nado en Serantes (Serantes) en 1887 e falecido na Frouxeira (Valdoviño) o 3 de febreiro de 1938, foi un electricista naval e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrante na mocidade a Cuba e aos Estados Unidos, volveu á súa vila a finais da década de 1920 para traballar como electricista en Bazán. Militante da ORGA, presentouse a alcalde por esta formación nas eleccións de 1931, e saíu elixido alcalde. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, xulgado en Consello de guerra e condenado por posuír unha arma, tamén foi destituído como concelleiro de Serantes. Saíu en liberdade en outubro de 1935 e foi amnistiado en 1936. Integrouse en Izquierda Republicana.
Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Porto Leis escapou ao monte, onde permaneceu agochado ata 1938 cando acudiu a un médico. O médico delatouno e prendérono canda outros tres homes cos que estaba agochado, os labregos Modesto del Río e Jesús Miño e o carpinteiro Avelino Landeira. Foron executados sen xuízo na praia. Aínda que en 2006 se anunciou[1] que se descubrira a foxa común onde estaban soterrados, a localización exacta do lugar de soterramento segue sendo descoñecido.[2] Desde 2011 existe un monólito conmemorativo dos catro homes executados en Serantes.[3]
Obras[editar | editar a fonte]
Publicou en 1933 o poemario Intemperancias poéticas, con versos en castelán e galego.
Transcendencia[editar | editar a fonte]
A historia recolleuna no documental O segredo da Frouxeira o cineasta Xosé Abad.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Localizan la fosa del último alcalde de Serantes, páxina persoal, reproducindo un artigo de Diario de Ferrol do 24/8/2006
- ↑ El alcalde fugitivo, El País, 4/12/2009.
- ↑ "Ferrol recordará el último alcalde de Serantes, fusilado en 1938". ABC (en castelán). 10de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 14 de abril de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Alejandro Porto Leis na páxina web Nomes e Voces.