Alejandro Cadarso Ronquete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alejandro Cadarso Ronquete
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoNoia
Falecemento18 de setembro de 1914
Lugar de falecementoNoia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Cadarso Ronquete, nado en Noia e finado na mesma vila o 18 de setembro de 1914,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Alejandro Cadarso Rey e tío do médico e político Alejandro Rodríguez Cadarso. Estudou Dereito. Deputado provincial dende 1893, foi nomeado presidente da Deputación da Coruña en abril de 1901, permanecendo no posto ata decembro de 1902. Presentouse ás eleccións a Cortes de 1910 polo distrito de Noia e foi derrotado por Rafael Gasset Chinchilla. Foi gobernador civil de Cuenca, Pontevedra, Huelva e Badaxoz.


Predecesor:
Antonio Otero Pensado
 
Presidente da deputación da Coruña
 
1901 - 1902
Sucesor:
Ramón Tojo Pérez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Blanca Caamaño Bolívar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Correo de la Mañana (Badaxoz), 19-9-1914, p. 1.