Ksar El Kebir
القصر الكبير (ar) ⵍⵇⵚⵔ ⵍⴽⴱⵉⵔ (tzm) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Monarquía constitucional | Marrocos | |||
Rexión | Tánxer-Tétouan-Al Hoceïma | |||
Province of Morocco (en) | Larache (província) (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 126.617 (2014) | |||
Número de fogares | 29.514 (2014) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 21 m | |||
Páxina web | ksarelkebir.ma |
Ksar [1] El Kebir, tamén transcrito Alcácer-Quibir (a variante máis común en portugués), Alcazarquivir (a variante máis común en castelán), Alcácer-Quivir, al Quasr al-kibr, Alcassar, Kasar al Kebir, Ksar el Kébir, Al-Kasr al-Kbir ou Ksar el-Kebir, en árabe: معركة وادي المخازن ou noutra variante árabe: القصر الكبير ; en bérber: ⵍⵇⵚⵔ ⵍⴽⴱⵉⵔ, é unha cidade marroquina en Quibiroco/ Quibir, situada ao longo do río Loukkos, preto de Larache, na rexión de Tánxer-Tetuán-Al-Hoceima, na provincia de Al-Hoceima ou Alhucemas.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade é historicamente coñecida pola batalla aquí librada o 4 de agosto de 1578 entre os exércitos de Sebastián I de Portugal e Abu Marwan Abd al-Malik I, sultán de Marrocos. Ambos gobernantes morreron na batalla pero as forzas portuguesas foron derrotadas rematando o intento de situar no trono a outro aspirante, e á pretensión de controlar o territorio do actual Marrocos desde tempos de Mohammed o Portugués.
As guerras civís do século XIX marcaron o declive da cidade, até que en 1911 foi integrada no Protectorado Español de Marrocos. Converteuse nunha base militar para os Regulares, e tras a independencia de Marrocos en 1956 converteuse nun núcleo agrícola da rexión de Lucus-Gharb, con mercado local os domingos.
A cidade foi tamén o fogar dunha grande comunidade xudía formada na súa maioría por sefardís de fala haketiana.[3] A comunidade, animada por axentes sionistas vinculados á Axencia Xudía e posteriormente polo Mossad, emigrou en masa a Israel e Francia durante os anos 50 e 60 do século XX.
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome de Ksar El Kebir significa "gran palacio" ou "gran fortaleza"[2] contrasta coa cidade de Ksar Es Seghir, que significa "pequeno castelo", situada máis ao norte de Ksar El Kebir.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada na provincia de Tetuán, nunha zona rica en bosques de sobreiras, a cidade é un cruzamento ferroviario conectado con Larache (al-ʿArāʾish) e Asilah (Aṣīla) e coa gran liña de ferrocarril que une Marrakech con Tunisia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A metátese adoita atoparse na lingua árabe falada.
- ↑ 2,0 2,1 "▷ Alcazarquivir o también llamada Ksar el Kebir". Turismo de Marrocos (en castelán). 2011-04-23. Consultado o 2022-12-26.
- ↑ Laskier, Michael M. (1983-01-01). The Alliance Israelite Universelle and the Jewish Communities of Morocco, 1862-1962 (en inglés). SUNY Press. ISBN 978-0-87395-656-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ksar El Kebir |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "A cidade en World Gazetteer". world-gazetteer.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2013. Consultado o 26 de decembro de 2022.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |