Alberto Zedda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Zedda

(1957) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Milán, Italia
Morte6 de marzo de 2017 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Pesaro, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–2017)
Reino de Italia (1928–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de orquestra e musicoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de orquestra , mestre , músico , musicólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Urbino (pt) Traducir
Rossini Opera Festival (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAntonino Votto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0954144 Spotify: 0HLu7PWY34eKZYZ7DUdT30 Musicbrainz: 129bdaf2-c01d-41a6-ad40-53ae6f5fd187 Discogs: 912553 Allmusic: mn0000687907 Find a Grave: 177087537 Editar o valor em Wikidata

Alberto Zedda, nado en Milán, Lombardía o 2 de xaneiro de 1928 e finado en Pésaro, Marcas o 6 de marzo de 2017, foi un director de orquestra e musicólogo italiano, especialista no repertorio italiano do século XIX.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alberto Zedda naceu en Milán, onde cursou estudos humanísticos e musicais con Lorena Antonieta e Carlo Maria Giulini, que complementa na Escola de Paleografía Musical de Cremona.

En 1957 gana o Concurso Internacional da RAI para directores de orquestra, feito que lle abre as portas de importantes institucións italianas (A Scala, Santa Cecilia, Maggio Musicale Fiorentino, RAI de Roma, Turín, Milán, Nápoles...) e estranxeiras en Alemaña, Holanda, Bélxica, Francia, España, Polonia, Rusia, Israel, os Estados Unidos, a China ou o Xapón.

Paralelamente desenvolveu unha grande actividade operística en múltiples salas e localidades do mundo, tales como a Scala, San Carlo, A Fenice, Massimo de Palermo, Comunale de Bologna, Rexio de Torino ou Covent Garden, entre outros.

Gravou discos de música sinfónica, de cámara e ópera.

Ensinou práctica orquestral no Conservatorio de Piacenza, Filoloxía musical aplicada na Academia de Osimo e Historia da música na Universidade de Urbino. Foi tamén Fundador e Director da Academia Rossiniana de Pesaro.

Adicou parte do seu tempo á actividade musicolóxica realizando edicións críticas de óperas, oratorios e cantatas con particular atención a Rossini, a primeira metade do século XIX mailo repertorio protobarroco. Foi membro do Comité Editorial da Fundación Rossini desde a súa creación.

Outros compromisos foron o de Director de repertorio italiano na New York City Opera; Director musical do Festival della Vale D’Itria de Martina Franca; Asesor artístico do Rossini Opera Festival de Pesaro e do Festival Mozart da Coruña; Director artístico do Festival Barocco de Fano, do Teatro Carlo Felice de Xénova, do Teatro alla Scala de Milán e do Rossini Opera Festival de Pesaro.

Escribiu Divagazioni Rossiniane, libro publicado no 2012 por Ricordi, Milán. Traducido ao español (Turner Música), alemán e inglés.

Alberto Zedda foi nomeado Grand’ufficiale “ao mérito” da Repubblica Italiana, membro de L’Ordre du “Merite Culturel” de Polonia, Medalla de Ouro do Círculo de Belas Artes de Madrid, Presidente Honorario da Deutsche Rossini Gesellschaft, Académico Correspondente da Real Academia Sevillana de Boas Letras, Doutor honoris causa en Scienze della comunicazione pola Universidade de Macerata e Profesor Emérito da Universidade de Osaka.

Como musicólogo, é responsable da revisión de múltiples traballos de Vivaldi, Händel, Donizetti, Bellini, Verdi e especialmente Rossini. Zedda é, xunto con Philip Gosset, o autor da edición crítica completa das óperas de Rossini.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Muere Alberto Zedda, director de orquesta y gran experto en Rossini
  2. Julián Carrillo (1 de junio de 2014). "Monográfico Rossini de Alberto Zedda y la Orquesta Sinfónica". Consultado o 8 de junio de 2015. 
  3. "Zedda conducts Rossini in Pesaro and Edinburgh this month" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o 8 de junio de 2015.